Hai solución, caixas de Cartón!
Decembro de 2012. O presidente Alberto Núñez Feijóo en persoa anuncia un Programa de Realoxo dotado inicialmente con 500 vivendas. A día de hoxe só se sabe de 33 adxudicacións. O Instituto Galego de Vivenda e Solo denegoulle hai un ano o aluguer dunha das súas vivendas a Elisabeth Sanlés, desafiuzada violentamente uns días antes, porque o seu caso non se "singularizaba" do das outras 5000 persoas inscritas como demandantes de vivenda na provincia.
Agora, o IGVS denégalle a vivenda a outra compañeira e súa nai exactamente co mesmo argumento. Noutros lugares de Galicia as persoas e colectivos que demandan unha vivenda de aluguer da Xunta por ter unha necesidade urxente, mesmo sofrir violencia de xénero, están a ter a mesma resposta. O IGVS ten o valor de facer comparacións coas mesmas 5000 persoas ás que se lles denega sistemáticamente o seu dereito á vivenda.
Onde van as 500 vivendas de Feijóo?
HAI SOLUCIÓN, CAIXAS DE CARTÓN!
ESTE VENRES, TRAEDE AS VOSAS VIVENDAS DE CARTÓN, LIBRES OU PROTEXIDAS, E ARMAREMOS A URBANIZACIÓN!
LEER MÁS:
"Que foi das 500 vivendas da Xunta para os desafiuzados?"
Denunciamos a negativa do IGVS a desbloquear as 500 vivendas aprobadas para familias e persoas vítimas de desafiuzamentos
Stop Desahucios se moviliza para reclamar a la Xunta viviendas sociales (AUDIO Cadena Ser)
Este post ha sido publicado conjuntamente con :
AMANECER
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.