As Marchas da Dignidade continúan adiante, loitando por ter pan, traballo e teito. O 29 de novembro, ás 12:00, tomaremos o Obradoiro para que escoiten ben alto o berro do pobo, un pobo que xa está farto de que a clare dirixente roube e tome decisións contra a xente.
Para promover ese acto, convócanse manifestacións nas principais cidades de Galicia: A Coruña, Vigo, Ourense, Pontevedra, Lugo, Santiago e Ferrol. Serán o día 6 de novembro ás 20:00 horas, agás Pontevedra, 19:30, e Ferrol, 18:30.
O punto de saída da manifestación de A Coruña será na Praza de Portugal, e percorrerá as rúas de Buenos Aires, Rubine, Praza de Pontevedra, San Andrés, Rúa Nova e remate no Obelisco.
As Marchas da Dignidade estatais tamén farán actos semellantes ao do 29N noutros territorios do estado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.