HAZ CLICK SOBRE LOS CARTELES, PARA LEERLOS, COPIARLOS O IMPRIMIRLOS :
O 12 M: A indignacion volve ás ruas polo Cambio Social
Umha movilización internacional contra o capitalismo :
Hai un ano as prazas do Estado Español encheronse de xente para gritar aos gobernos “chaman-lle democracia e non o é”, “non hai pan para tanto chourizo”, “non son as persoas é o sistema”, para debater sobre política, e decirlles que ha outra forma de facer as cousas.
As asembleas foron masivas e as manifestacións seguintes contra o Pacto do Euro, contra a Reforma Constitucional, a manifestacion mundial do 15-O, contra a Reforma Laboral, a Folga Xeral do 29M, o 8 de marzo, Dia Interncional das Mulleres, apoiando os estudantes, na defensa da sanidade e a educacion pública, asi como as manifestacións em apóio ás loitas contra os EREs ou os despidos, demonstran que aqui seguimos.
“Toma as prazas” extendeuse por todo o mundo, demonstrando que a crise que atinxe o sistema capitalista é mundial. Comezaron os árabes desde Tunez e a Praza Tahir de Exipto, foron os gregos na praza Syntagma de Atenas, e despois foron Sol e as prazas no Estado ESpañol, Ocuppy Wall Street, etc.
Hoxe neste 12M a mobilizacion volve a ser mundial, porque lonxe de ir cara a saida da crise, como din desde os gobernos e as institucións como o FMI, asistimos ao desmantelamento de todas as conquistas sociais e laborais que costou ducias de anos lograr.
Em realidade, os únicos beneficiários son os bancos e as multinacionais.
Todos os gobernos da cor que sexa, co español á cabeza, adicanse a mellorar as contas de resultados das empresas e bancos, primeiro, reducindo os salários e as condicións de vida da clase traballadora, segundo, se esto non é suficiente, dandolles diñeiro público (como vai a acontecer agora com BANKIA), para poder repartir beneficios entre sus accionistas e altos salários para os seus dirixentes.
Deste xeito, empobrecen á clase traballadora e xeneran unha débeda pública impagable, salvo que sexan privatizados todos os servizos públicos rendibles, entregados ás aseguradoras e bancos privados.
Todos xustifican os axustes e a austeridade (=privatizacións) sobre a base desa débeda pública que eles mesmos xeraron.
Ninguen crê que non haxa diñeiro, pois cando é preciso resgatar un banco ou para darllo a Igrexa ou a monarquia, si aparece. A cuestion é sacalo de donde esta para sacar á sociedade da crise.
Os resultados das recentes eleccións francesas, coa victoria do “socialista” Hollande, dan novos folgos ás forzas que afirman que para sair da crise hái que facer políticas activas de “crecimento da economia”, frente ás políticas neoliberais, conservadoras, da “austeridade” e o axuste duro.
Como demonstra a experiência, ambas saídas son procapitalistas, estan o servizo de manter a explotación e a opresión, umha, a da “direita”, sem enganos o servizo dos catro bancos e multinacionais, a segunda, a de “esquerdas”, quere incorporar a un sector da sociedade á misma política, dandolle as migallas que caen das mesas dos mesmos bancos e multinacionais, mas nunha situacion na que estas non estan dispostas á menor concesion para recuperá-los benefícios.
Semella que naceramos onte, nestos anos fixeron políticas de crecimento baixo o goberno de ZP e Obama, fixeron resgates do sistema financeiro gastando billons de euros, fixeron axustes duros (Grecia), e o sistema segue no pozo do fondo.
Para Corrente Vermella a alternativa reside na reorganizacion da sociedade baixo novas bases, baixo a planificacion democrática da econômica, baixo o non pago da debeda e a expropiacion da banca baixo control obreiro, para sacar o diñeiro de onde esta; na realizacion de plans de infraestruturas o servizo das necesidades sociaies e non das empresas contructoras, madereiras ou mineiras. Esta, em fin, numha saída obreira e popular á crise que abra o camiño á Transformacion Socialista da Sociedade.
É obvio que este camiño non vai ser un agasallo de ninguen.
Todos os gobernos, comprometidos na defensa dos interesses do capital estan adoptando medidas represivas como as detencións trás a folga xeral do 29M, o recente estado de excepcion em Barcelona coa suspension do Tratado Shengen, ou as ameazas do goberno de Rajoy contra os direitos políticos da cidadania. É preciso sair em defensa das liberdades democráticas para mellor organizar a loita contra o capital e os seus gobernos.
Os gobernos teñen que sentir que non son bem recibidos pola poboacion traballadora, por isso a mobilizacion social sostida no tempo tense que apoiar na autoorganizacion democrática da clase traballadora e o pobo, en asembleas nos seus centros de traballo, estudo ou barrio.
Este é o compromiso de Corrente Vermella, e chama á poboacion traballadora á asistir ás manifestacions do 12 M, e na Coruña á asemblea convocada pola Rede de Barrios e Vilas, o 15M, ás 20 no Obelisco, a debatir entre todos “como enfrentar o goberno e o poder financeiro”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.