Os sindicatos COG, CUT e CGT convocan unha manifestación, dentro das mobilizacións unitarias pactadas para toda Galicia, en defensa do sistema público de pensións e en protesta contra os recortes que está levando a cabo o goberno actual, que non só recorta dereitos sociais aos pensionistas facéndolles pagar parte dos medicamentos e servizos médicos, senón que ten a intención de endurecer os requisitos para ter dereito a pensións e rebaixar, mediante o cambio dos sistema de cálculo, os importes iniciais da pensión.
A isto lle temos que engadir o cambio no sistema de revalorización das pensións, que provocará unha rebaixa real e un deterioro das condicións de vida dos anciáns, xa baqueteados pola chamada crise.
A manifestación se celebrará o día 9 de novembro, sábado, e sairá ás 12:30 horas da Praza de Portugal e rematará diante da Delegación do Goberno.
Os sindicatos convocantes fan un chamamento ao pobo coruñés para que se sume a esta convocatoria e fagan chegar a súa protesta na rúa contra estas medidas inhumanas.
Publicado en : CGT DE GALICIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.