NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

sábado, 31 de agosto de 2013

ALBADA E A RECOLLIDA DE LIXO

Comunicado do Grupo do 15M da Ria de apoio á loita dos traballadores/as de Albada e a recollida de Lixo na Coruña. 

Albada é a empresa que xestiona a planta de reciclaxe de Nostián que ivo beneficios o ano pasado por mais de 146 millóns de euros. Mas para cambiar de “modelo de funcionamento” aproveitou a nova Reforma Laboral para despedir a 11 traballadores, e asi tentar recortar salarios ata o mínimo interprofesional, aumentar as horas para aforrar postos de traballo e a eliminación do convenio colectivo. Contra iso, os traballadores de Albada levan en loita dende o 28 de xullo. Cespa Coruña, Cespa As Mariñas, que se adican á recollida do lixo, a planta de Sogama e o vertedeiro de Areosa solidarízanse con Albada e traballan para a folga do sector da limpeza do luns 26, que a patronal tenta ilegalizar.

É unha gran noticia a decisión dos traballadores e as traballadoras destas empresas de loitar xuntos ante a agresión sufrida polos empregados de Albada porque fai moi visible que o problema non é somentes unha cuestión sindical, dunha soa empresa, senon que son consecuencia dunhas politicas dos gobernos de Reformas Laborais, de privatizacions,... polo que supón un paso mais na organización da loita contra a agresión que o pobo está a sufrir.

Outro gran paso é a solidariedade que en xeral está a demostra-la xente da Coruña cos traballadores/as en conflicto, aínda a pesar da propaganda en contra que a empresa e o Concello da Coruña espallan sistemáticamente nos medios de comunicación, con informacións e imaxes “impactantes”, mentras silencian os verdadeiros motivos das mobilizacions, que son semellantes ao que esta a suceder con todos os traballadores/as (rebaixa de salarios, perda de condicions laborais, aplicación da reforma laboral).

A priori non se explica a actitude dos Concellos da Coruña e da Area Metropolitana, sumisos fronte á compañía, negándose a mediar no conflicto a pesar da petición dos traballadores/as, e cobrando de todos modos aos cidadáns por un servicio de reciclaxe que non se está a levar a cabo. Os/as empregados/as da empresa esixen que non se pague a Albada os días de folga pois non se está a realiza-la reciclaxe e están a enterra-lo lixo sen tratar.

Albada pertence ó grupo URBASER. URBASER é a división medioambiental de ACS, que é un grupo multinacional de empresas das áreas da construcción, servicios, concesiones e telecomunicacións presidido por Florentino Pérez. Pérez puxo URBASER (á que pertence Albada) en venta fai tempo pola enorme débeda que arrastraba ese grupo, pero non atopa comprador. Conseguíu un crédito para refinaciar esa débeda e o prazo para devolvelo vence a finais de 2014.

Florentino Pérez ten moitísima prisa por expremer a esas empresas e facelas apetecibles para outras empresas compradoras, así como atopar bos contratos (conseguiron recentemente a adxucación do servizo de limpeza en 16 dos 20 distritos de París). Segundo os papeis de Bárcenas, que ó parecer cada vez hai que tomar mais en serio, ACS é donante en negro ó PP moi posiblemente a cambio de adxucacións de servicios públicos. Tamén é a constructora do tramo ferroviario onde o 25 de xullo pasado o accidente do Alvia deixou 79 mortos.

Esta é a compañía á cal os concellos adxudicaron a xestión da planta de Nostián, e agora cobra sentido que deixen sós ós traballadores/as fronte a empresa de Florentino Pérez. Os/as traballadores/as da empresa non teñen por qué paga-las chafalladas financieiras de empresarios que en realidade viven dos cartos de todos, que proceden do pago pola xestión de servicios que deberían ser totalmente públicos e de adxudicacións para obras, que é obtida sobornando ós partidos políticos no goberno con cartos procedentes de banqueiros amigos que saben perfectamente a qué se adican todos eses señores e señoras. Deste xeito, as privatizacións redundan, o final, nun aumento da debeda publica que pagamos todos e todas.
Neste sentido consideramos chave a unidade da clase traballadora para conseguir a derrogación da Reforma Laboral, e as suas consecuencias de rebaixa de salarios e perda de conquistas sociais, contra a que xa están loitando outros moitos sectores da clase traballadora (POVISA en folga, Bombeiros, etc.) e pola municipalización/nacionalización dos servizos publicos, unica garantía para o mantemento dos postos de traballo e a conquistas sociais.

O Grupo do 15 M da Ria considera preciso seguir o camiño da solidariedade que se deu na folga do 26, e romper o illamento entre sectores/empresas en loita que manteñen as cupulas sindicais; se a defensa das conquistas sociais e laborais pasa pola derrogación da Reforma Laboral, imponse a convocatoria unitaria de xornadas de loita ate conseguilo.

O Grupo do 15M da Ria chama á poboacion traballadora a apoiar a loita traballadores e as traballadoras de Albada e a recollida de lixo, que a partir do dia 6 de setembro confluiran cos bombeiros de toda Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.