NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

REXEITAR A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE

PASA POR REXEITAR A DÉBEDA ILEXÍTIMA 
A sanidade como servizo público (e que sempre desexamos e valoramos como universal e de calidade), está hoxe en serio risco de esmorecer até rematar converténdose nun negocio máis, e dos máis rendibles, dende logo.

Aínda non asimilada a medida comunicada do imposto á enfermidade, establecendo un repago polos fármacos de dispensación hospitalaria, sae á palestra a intención de establecer e impulsar as chamadas “Áreas de Xestión Clínica”. Trátase de áreas independentes e autónomas que convivirán dentro dos propios centros, e que contarán con xestoras/es propios, así coma persoal e orzamentos propios. Introduce un criterio de rendabilidade, e unha competencia entre o propio persoal que ocasione a súa división, e impulsa dende dentro a austeridade nos tratamentos. Áreas que, ademáis, poden posteriormente ser privatizadas de xeito sinxelo, outorgándolle unha personalidade xurídica propia. 

Esta tan preocupante medida, ven a ser sen embargo un xigantesco paso máis nese proceso de degradación e estrangulamento da sanidade pública, que pretende pouco a pouco unha privatización máis ou menos encuberta: repagos, reducións de persoal (3000 prazas vacantes froitos de xubilacións que non van ser cubertas), redución progresiva dos orzamentos (redución acumulada de 1614 millóns de euros nos últimos 5 anos), peche de quirófanos e de plantas enteiras (coma no hospital Abente da Coruña), de centros de atención primaria, desvío de operacións a centros privados… Mais non é un problema únicamente da sanidade. Os recortes e repagos recaen en todas partes: en educación, en dependencia, nos servizos sociais, no funcionariado, nas pensións… Cal é o nexo común de todos estes recortes?

A DÉBEDA PÚBLICA. Desde a Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débeda, ao igual que moitos outros sectores, colectivos e persoas, evidenciamos unha relación directa entre a débeda pública e os recortes. Que así sexa, vén determinado pola reforma da Costitución española por parte de PP e PSOE para priorizar o pago da débeda sobre calquera outro gasto. Que o PPSOE obedecese no 2011 os ditados da Troika e a UE trae como consecuencia que os xuros da débeda que temos que pagar á banca non deixen de medrar, sendo no 2014 a segunda partida máis alta dos orzamentos. A débeda aumenta e os recortes continuarán aumentando. Por iso é fundamental esixir a derogación desta reforma que atenta mesmo contra os dereitos fundamentais das persoas para incrementar os beneficios da banca

Mais a cuestión fundamental é que a orixe da débeda pública non é pública. A orixe da débeda non está no gasto en partidas sociais, en elementos que melloraran a vida das persoas, senón que estamos pagando, a través de rescates bancarios, as débedas privadas dos bancos e as grandes empresas (por agora, lévannos roubado 260.000 millóns de euros). Cando a poboación vese obrigada a pagar unha débeda que foi contraida ás súas costas e cuxo pago vai contra os seus dereitos, entón, falamos de DÉBEDA ILEXÍTIMA. Daí o lema que asume a Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débeda (PACD): NON DEBEMOS, NON PAGAMOS.

Para rexeitar esta débeda ilexítima, propoñemos utilizar a ferramenta dunha auditoría cidadá: unha análise de todas as contas, levada a cabo pola propia poboación, para determinar qué parte da débeda é ilexítima, e polo tanto rexeitarse o seu pagamento. Unha auditoría entendida como ferramenta de empoderamento e loita da sociedade, de recuperación da soberanía do pobo, e que a partir da súa autoorganización, necesita apoiarse na mobilización e na unidade das loitas.
Por todo isto, desde a Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débeda – Galiza, apoiamos a folga dos traballadores e as traballadoras da sanidade pública, e chamamos á poboación a participar nas manifestacións do día 10 nas cidades e vilas da Galiza. Mais imos moito máis aló, e cremos que todas as persoas e colectivos debemos confluir nas loitas, e traballar xuntas para o non pago da débeda ilexítima.
Publicado en : Plataforma Audítoria Ciudadana de la Deuda

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.