NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

miércoles, 3 de octubre de 2012

ESPERANZA AGUIRRE INTRANSIGENTE

Aos centenares de miles de traballadores, novos e sectores populares que reclamamos a súa dimisión na rúa cábenos unha cota importante de merito nesta dimisión.  Cando a Presidenta da Comunidade de Madrid ten que escoitar un día si e outro tamén a miles gritando contra ela na rúa, ao profesorado, aos traballadores da sanidade, aos estudantes, aos veciños indignados co desmantelamento dos centros de saúde ou a falta de axuda  á dependencia, aos traballadores do transporte cuxas pagas ven volatilizadas. 

Cando toda unha presidenta e "lideresa" ten que desaparecer da Universidade na apertura do curso para eludir ser o branco das iras de profesores, traballadores e estudantes. Cando esta "Dama de ferro" cañí é recibida "taper" en man por unha nai airada e acertarlle nun próximo "tapertazo"  convértese nun anhelo masivo. Cando todo iso acontece, hai que cargar no haber da loita social unha cota altísima de mérito nesa dimisión.   
A outra cota do mérito da loita social hai que adxudicarlla ás loitas das nacionalidades. Os acontecementos en Euskal Herria ao redor da política  cara aos presos vascos e en especial o caso de Bolinaga,    a expectativa electoral do nacionalismo abertzale ou con maior rotundidade aínda a multitudinaria manifestación do 11 de Setembro onde máis dun millón de persoas clamaron pola independencia de Catalunya, son factores de primeira orde na decisión de Esperanza Aguirre.   
Quen representa todo o máis rancio da aristocracia española, quen fixo do nacionalismo españolista e as privatizacións sen concesións os seus dous estandartes, choca coa inconsistencia dun goberno como o de Rajoy ao que o sector "liberal", que Esperanza Aguirre representa, considera "débil", carente da man dura dunha Dama de Hierro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.