A CGT da Coruña convoca unha concentración o día 31, mércores, ás 19:30 horas, no inicio da Rúa Real, da Coruña, no cruce da Rúa do Agar, en protesta polos recortes e as medidas antisociais do goberno e a prol do Paro Xeral de 24 horas que terá lugar o día 14 de novembro.
Para a CGT, a situación na que se atopan os traballadores e a poboación máis débil é intolerable e merecente da mobilización máis rotunda do pobo.
A CGT considera que non se pode manter unha actitude de submisión e mansedume cando hai casi seis millóns de parados, 500 desafiuzamentos diarios e un 20% da poboación en grave risco de exclusión. Por iso non pode haber nin tregua nin descanso para os que se están beneficiando da chamada crise nin para aqueles que, desde o poder, a utilizan para deixar sen dereitos aos que non teñen culpa dos seus desmáns.
NON QUEDES NA CASA E SAE Á RÚA A BERRAR!
CONTRA A EXPLOTACIÓN E AS POLÍTICAS QUE NOS LEVAN Á MISERIA!
VIVA A FOLGA XERAL!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.