NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

jueves, 1 de noviembre de 2012

LA MANO DURA DE ESPERANZA

A "lideresa", defende sen titubear o fin das autonomías e a completa centralización españolista e a  man dura, a represión cara ás protestas obreiras e populares. Quen noutra hora non tivo empacho algún en dar prebendas á burocracia sindical (máis horas e liberados), erixiuse despois en martelo das organizacións sindicais, camuflando o seu ataque a estas no medio dun cínico discurso contra os "liberados sindicais".   

Non é por casualidade que fose compara en moitas ocasións con Margaret Thatcher, e é que como aquela esta representa a á da burguesía máis neoliberal, reaccionaria e anti-obreira, vangarda dos recortes, das privatizacións e desmantelamento da sanidade e educación pública e da defensa da represión contra os que loitan.   Agora Rajoy e a troika Así pois, como sinalamos ao comezo, a dimisión de Aguirre, é un triunfo indirecto do movemento de masas e reflicte a crise no PP.   
Pero a dimisión de Esperanza Aguirre non garante que non volva. Os ditadores ou aspirantes a selo adoitan morrer a mans dos pobos insurrectos ou na súa cama no exercicio da súa ditadura mentres queda un gramo de alento. Non se van, non dimiten sen máis, como máximo dan un paso ao costado en espera de mellor momento.   A crise espolea as protestas obreiras e populares, o auxe das demandas nacionalistas e abre fisuras nas clases dirixentes. A dimisión de Esperanza Aguirre é a expresión da crise política nas alturas, que a resistencia e a loita dos de abaixo provoca e agudiza. Para un sector da burguesía, sen dúbida hoxe minoritario, Esperanza Aguirre é a icona, a "lideresa", chamada a irromper de novo na escena política cando faga falta un goberno de "man dura" contra os traballadores e as nacionalidades.   

É por isto que nos alegramos profundamente de que se haxa ir, desexamos que Rajoy, a troika e os seus recortes sigan o mesmo camiño.   Reclamar eleccións anticipadas na Comunidade de Madrid, como piden os dirixentes de EU, non é máis que darlle tempo ao inimigo para que se reorganice e levar a batalla ao terreo que máis lle favorece.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.