A convocatoria do 25 de “ocupa o parlamento” ven de marcar un antes e un despois da loita contra os recortes e o axuste do goberno do PP e a Union Europea pois puxo no centro a exixencia "Goberno Dimision".
Desde o 15 vimos decindo que “o problema non son as persoas, é o sistema”, ... capitalista, e que para enfrentalo non collen meras alternativas electorais nos marcos do sistema. Por iso, desde a Rede de Barrios e Vilas da Coruña do 15M vimos levantando umha proposta, “por umha saída social da crise”, desenvolvida nos 8 puntos aprobados na asemblea popular do 22 de maio do 2011.
As politicas que estamos a sufrir non son “boutades” do PP e do Rajoy, senon que respostan aos obxectivos que desde Bruxelas e o BCE teñen para descargar os efectos da crise sobre a clase traballadora europea, sexa alema, francesa, grega, portuguesa, española ou galega. Estos obxectivos estan sendo contestados en toda Europea, ademáis dos galegos/as, o 26 S os gregos tamen foron á Folga Xeral, a pobaocion traballadora portuguesa leva dias saíndo á rua contra o roubo dos seus salarios,... Somos millons de traballadores/as, de cidadans europeos, os que rexeitamos estas politicas, para cando unha folga xeral europea?
Pola gravidade da crise, é evidente que para frear os recortes e axustes non chega un simple recambio nas institucions, que desde a monarquia ate abaixo estan implicadas na corrupcion, nos recortes e os axustes, na involucion democrática nos direitos da muller, ou na recentralizacion do Estado. A crise non só é economica, é politica es social, e isto supon exixir a convocatoria duna Asemblea Constituínte que remate cun rexime abertamente corrupto, e que o pobo teña posibilidade de decidir sobre o seu futuro.
A Rede de Barrios e Vilas do 15M non fia en promesas que nunca se cumplen, senon na autoorganizacion da clase traballadora e o pobo a través das asembleas populares de barrio, centro de traballo ou estudo, con compromisos que parten dumha necesidade para o futuro, a derrogacion de todas as medidas adoptadas polo PPSOE desde o comezo da crise.
A partir delo sera posible adotar medidas que teñan como obxectivo que a crise a pague quen a criou, os capitalistas, no camiño “dumha saída social da crise”.
Para a conquista destos obxectivos, e pola experiencia cos gobernos de ZP, da Xunta Bipartida (PSOE-BNG) ou da Xunta de Andalucia (PSOE-IU), só colle umha alternativa, a mobilizacion social unitaria, como camiño para garantir de que os planes son o servizo da poboacion traballadora e o pobo.
Goberne quen goberne, derrogacion das medidas de recorte e axuste
Por un plan de loita ate acabar co goberno do PP que inclúa umha folga xeral
Unidade contra os plans dos gobernos e a Union Europea
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.