NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

miércoles, 24 de abril de 2013

O 25 DE ABRIL DE 1974

E O 6 DE DECEMBRO DE 1978. DOUS RÉXIMES EN CRISE E UNHA SAÍDA 

Fai uns días, un sector do parlamento portugués púxose a cantar o “Grandola Vila Morena”, e o primeiro ministro que nese momento estaba a falar, tivo que calar e esperar a que se terminase; imaxinemos aquí que un sector do parlamento puxésese a cantar o himno de Riego (o da Republica), desde as bancadas do PP escoitariamos histéricos berros de “non abramos as feridas do pasado”.
A diferenza entre ambas as reaccións veñen dadas sobre como foi pechada a ditadura portuguesa de Salazar e Caetano, cunha revolución, a do 25 de abril, que limpou o pasado. Agora Portugal é un réxime democrático burgués sometido aos ditados da Troika e a Unión Europea. E o “Grándola Vila Morena” é o himno desa limpeza que nin a mesma dereita pode cuestionar. No Estado Español sucedeu exactamente o contrario. Mentres os portugueses o 25 de abril derrubaban, sen condicións nin falsos consensos, a ditadura, no 78 aquí pactábase como os axentes da ditadura transitaban a “demócratas” e, no colmo para calquera demócrata, son agora os “administradores” dunhas liberdades que negaron corenta anos,

Por todo iso, mentres os portugueses din “é necesario outro 25 de abril” e para superar a situación actual reivindican a caída da ditadura, nós non podemos reivindicar nada, temos que dicir, abaixo o réxime construido coa constitución do 78. Iso si, a dinámica de ambos os procesos conducen a un mesmo final, a loita contra os réximes actuais, contra a Unión Europea e a Troika, e por verdadeiras transformacións sociais a partir dunha saída obreira e popular á crise.

Isto supón retomar o camiño comezado na folga xeral do 14N, cando a clase traballadora da Península Ibérica xunto cos compañeiros e compañeiras do resto de Europa rexeitaron na rúa, coa mobilización, os planes de axuste e austeridade que están a empobrecelos. A unidade na loita da Peninsula Iberica ben pode ser un paso adiante no camiño da confluencia dos traballadores e as traballadoras, dos pobos, baixo o lema dos gregos de fai dous anos, “pobos da Europa, levantadevos”,... no camiño dunha Europa dos traballadores/as e os Pobos. 

Roberto Laxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.