NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

martes, 30 de abril de 2013

REPARTIR O TRABALLO PARA VIVIR MELLOR

A repartición do traballo e a redución da xornada laboral son indispensábeis para construírmos unha sociedade que sexa ao tempo socialmente xusta e ecoloxicamente sustentábel. No artigo que reproducimos a continuación, en versión galega, Florent Marcellesi, coordenador de Ecopolítica, expón como a repartición do traballo cumpre tres obxectivos básicos: “reforzar a xustiza social, preservar o planeta e construír unha economía próspera sen crecemento”.

O crecemento dos anos noventa e dous mil era insustentábel. Tan insustentábel que ao estalar a burbulla inmobiliaria, España conta coa segunda taxa de desemprego máis alta da Unión Europea (só a supera Grecia) e vive como se tivese á súa disposición máis de tres planetas. Xa que logo, desde o ámbito laboral, débense achegar á vez solucións capaces de combater o paro e reducir drasticamente o noso impacto sobre o medio. Neste contexto de crise estrutural, a repartición do traballo e a redución da xornada laboral son medidas centrais cara a máis equidade e sustentabilidade. De feito, cumpren con tres obxectivos: reforzar a xustiza social, preservar o planeta e construír unha economía próspera sen crecemento:

1. Nunha sociedade onde o emprego é un valor tan arraigado, a repartición do traballo permite incluír social e economicamente colectivos fortemente afectados polo desemprego de masas (principalmente os mozos e mozas, as mulleres, as persoas maiores ou con ingresos baixos). En paralelo, a diminución da xornada laboral é unha aposta por reequilibrar os tempos de vida entre traballo remunerado e non remunerado. Convértese nunha condición necesaria —aínda que non suficiente— para permitir unha mellor inclusión das mulleres no mercado laboral, evitando a súa “dobre xornada”, e para redistribuír as tarefas domésticas e de coidado entre mulleres e homes.

2. Avanzar cara a unha semana laboral moito máis curta axuda a rompermos o hábito de vivir para traballar, traballar para gañar diñeiro, e gañar diñeiro para consumir (mal e moito), principal causa da nosa desmedida pegada ecolóxica. Trátase de deseñar unha sociedade onde esteamos menos atados ao hiperconsumo intensivo en enerxía e máis apegados a actividades sustentábeis desde a participación social e cidadá, a autoxestión e a esfera non mercantil.
3. Como o modelizou o economista Peter Victor e o di Tim Jackson, a repartición do traballo é “a solución máis simple e máis citada para manter o emprego sen aumento da produción”. Alén diso, hai evidencia de que a xente que traballa menos horas é máis produtiva e que as sociedades máis cohesionadas e equitativas son ecolóxica e economicamente máis fortes.

Para ser críbel, esta visión sistémica supón pensar ao mesmo tempo unha distribución máis igualitaria dos ingresos (renda básica e renda máxima), unha política de formación activa, e, como pano de fondo, unha mudanza de modelo produtivo (empregos verdes) e un cambio cultural para saírmos da lóxica social do consumismo.

Florent Marcellesi.
Fonte: Blog dun activista e investigador ecoloxista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.