O BNG da Coruña convida á Coruña o activista portugués João Camargo, organizador da manifestación de 15 de setembro de 2012 “Que se lixe a Troika, Queremos as Nossas Vidas” e da manifestación do 2 de marzo de 2013 “Que se lixe a Troika, o Povo é Quem Mais Ordena”, as dúas maiores mobilizacións que tiveron lugar en Portugal nas últimas décadas.
A xornada con João Camargo, que tamén convocan Adega, a A.C. Alexandre Bóveda, Asemblea de Desempregad@s, AVV de Monte Alto, Comités, CIG, Galiza Nova, Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e Velaluz, terá lugar este venres, 28 de xuño, no CEIP Curros Enríquez (Campo de Martes). Ás 19h, o activista luso manterá un encontro cos movementos sociais da cidade e ás 20h, presentará o libro “Que se lixe a Troika”.
O BNG da Coruña anima a cidadanía a asistir a primeira presentación en Galiza desta obra, que reflicte o sentir do movemento luso de protesta contra a Troika e contra as políticas de austeridade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.