NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

sábado, 16 de noviembre de 2013

NIN REPAGO NIN DEBEDA

NIN REPAGO HOSPITALARIO DE FÁRMACOS...NIN PAGO DA DÉBEDA. 
 O alcalde de Riotorto, en Lugo, anunciou que ese Concello asumiría o coste a maiores que supón o copago de medicamentos de dispensación hospitalaria. O rexidor convocou a finais de Outubro unha asemblea aberta da que xurdíu a proposta de esixir a Feijóo a derogación en Galicia desa norma do Estado Español. Mais de 150 organizacións sociais e varios alcaldes galegos de diferentes partidos se sumaron á proposta.

Esta iniciativa é moi importante no proceso de loita que se está a dar en Galicia e no Estado contra o PP e contra o resto de gobernos amigos dos banqueiros porque:
- Xurde das propias institucións e de militantes de partidos totalmente acomodados no sistema, e deseguido cala nun importante número de cidadáns, colectivos e algúns políticos galegos.
- Supón unha nova escalada na unidade das loitas.
- É unha importante fisura nas institucións (concellos, Xunta, Goberno do Estado, Europa) e nos partidos que as dominan.
- Tamén é outra mostra máis de que a maioría das leis que se aproban teñen que ser impostas, pois atentan directamente contra os nosos intereses, e por iso esta loita debe representar un paso máis na asimilación colectiva de que institucionalmente non é posible solución, e que só coa presión popular na rúa, coas ideas ben claras, poderá mudarse a situación.

Aínda que precisamente por isto último pode ser que teña certo cheiro electoralista: alcaldes e partidos que fan ver a súa "rebeldía ante o sistema" cara ós votantes, pero que saben perfectamente que non é posible que poidan facer moito no marco actual. Por un lado, quen asume o repago non son os Concellos, senón a cidadanía, xa que ese repago sairá igualmente dos nosos petos, a través de impostos ou taxas, ou ben desviando cartos doutras partidas. Por outro dase unha visión parcial do problema, ó condenar o repago de fármacos a enfermos crónicos graves, pero non meter no mesmo saco todos os repagos, taxas xudiciais, recortes, privatizacións...

Non queren focalizar o problema de fondo, que é unha débeda pública ilexítima. Todos estes ataques veñen impostos por unha reforma constitucional que ordenou a UE e a Troika fai dous anos, que PSOE e PP pactaron ás agachadas da xente, e que obriga ó Estado a pagar a débeda cos bancos por riba doutras consideracións, mesmo da saúde, a educación e as pensións. Débeda que non se adquiríu para facer mellora algunha, senón para que asumíramos nós as enormes perdas do sector privado, e enriquecer así aínda máis a grandes empresarios e banqueiros, a costa por suposto dos nosos dereitos fundamentais.

Dubidamos que os partidos e sindicatos institucionais estean interesados en amosa-la verdadeira causa dos problemas: por un lado este sistema, que permite que os pobos paguen a crise que provocaron os bancos e as grandes empresas, que aínda nestes anos acumulan beneficios millonarios, e por outro lado, a idea actual de Unión Europea, na que gobernan eses mesmos banqueiros e empresarios. De todos modos apoiamos totalmente a iniciativa de esixir a Feijóo que non aplique o copago hospitalario de fármacos en Galicia, ignorando as ordes do goberno do Estado e as recomendacións da UE, e seguiremos a denunciar a ilexitimidade da débeda e a loitar polo non pago da mesma.


Nos sumamos polo tanto ás convocatorias do 8 de Novembro na Coruña e do 17 de Novembro en Compostela, e animamos a todo o mundo a se unir e participar nesta protesta para que acade o carácter popular necesario para que os partidos e sindicatos institucionais non consigan convertila en papel mollado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.