é o goberno dos Recortes
Como todo o mundo sospeitaba, a sentenza do Prestige saldouse cun novo insulto á poboación galega: ninguén ten a responsabilidade do afundimento dun petroleiro que provocou mare que atingiu de negro miles de kms de costa, desde Portugal ate Franza, cebándose na Galiza.
O que comezou cun acidente produto da permisividade internacional con buques que son verdaderias bañeiras ambulantes, foi convertido, pola incapacidade e desprezo duns gobernantes, nun atentado contra un dos piares da economía galega, o mar.
Incapacidade porque ninguén sabía o que facer co barco, enviado “ó quinto pino”, e desprezo á poboación traballadora galega, porque ese “quinto pino” significaba envialo a unha zona sensible para esa economía, e cando todos os expertos, desde os/as traballadores/as do mar ate os científicos, recomendaban xusto o contrario.
Sabíanno as mariscadoras de Arousa, os percebeiros da Costa da Morte, os mariñeiros de Cangas,… mais non lles fixeron nin caso. Porque o goberno de Madrid, xunto coa delegación na Xunta, considerábanse na razón frente a un pobo galego que si avisaba do que ía acontecer.
O final é de todas coñecido.
Posteriormente, cando tras o acidente/atentado constituíronse Comisións de Investigación no Parlamento de Madrid e no Galego, éstas pecháronse co consenso de todas as forzas políticas (coa excepción de IU), baixo o argumento de que as “responsabilidades políticas” xa estaban cobradas nos resultados electorais. Agora resulta que esas responsabilidades non estaban tan cobradas, porque un dos principias responsabéis do atentado, o sr dos Hilillos Rajoy é presidente do goberno; e moitos dos que apareceron por Galiza para insultar, son hoxe ou ex presidentes respetados ou directores da Garda Civil. Outros directamente presidente da Xunta de Galiza.
O peche das comisións de investigación permitiu que os xuíces non se sentiran presionados para emitir outra sentenza que non fose a que fixeron.
11 anos despois, os que afundiron o Prestige pola sua incompetencia, son os que dirixen os destinos do Estado Español, con políticas que, se daquela emporcaron e empobreceron a costa galega, agora directamente están a desmantelar todos os nosos dereitos laborais e políticos, de peche de empresas e privatización dos servizos públicos e sociais, ao servizo dos actuais piratas, os das finanzas, do pagamento dunha débeda pública aos bancos que a xeraron, á que hai que sumar os 4 mil millóns que costou a recuperación da costa.
Para o 15M da Ría, a loita contra a sentenza infame do Prestige, pola esixencia de responsabilidades, fai parte da loita contra os recortes, as privatizacións e o desmantelamento dos servizos públicos, e imponse a unidade de todas e todos contra as políticas de “mare negra” que supoñen un empobrecemento social xeralizado.
Recuperar o espíritu de Nunca Máis, do que foi a gran manifestación do 1 de Decembro do 2002, significa recuperar a autoorganización popular, dos comités de crisis nas rías, que foron as que “gañaron a batalla” ao chaPaPote. Para derrotar o novo chaPaPote é preciso impulsar a mobilización social sostida no tempo, a partir da autoorganización en asembleas populares ou comités de crises nos centros de traballo ou estudo, barrios ou aldeas.
Nunca Máis á incompetencia e ó desprezo
CONTRA A IMPUNIDADE
FORA OS GOBERNOS DO CHAPAPOTE E OS RECORTES
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.