NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

viernes, 20 de enero de 2012

2ª XUNTANZA DA REDE DE BARRIOS

Xuntanza da Rede de Barrios e Vilas da Coruña do día 14 de xaneiro
Bo día e benvidos/as. Estou segura de que é unha alegría para todos e todas o feito de estar aquí, celebrando a nosa segunda Xuntanza Indignada, e na que estivemos a traballar con gran ilusión.


Dado que queremos seguir medrando, e acadando cada día máis apoios, creemos que é importante explicar un pouco por qué estamos indignados, e como ven evolucionando todo isto, xa que existen moitos intereses en crear confusión ó redor do movemento 15M.


Temos que incidir no evidente, e é que o movemento non está formado por preguiceiros, ni nis, e cousas polo estilo, senón por persoas de toda idade e condición: xóvenes, menos xóvenes, adultos, estudantes, traballadores/as, xente sen emprego, pensionistas, etc...que estamos a loitar porque queremos vivir nun mundo máis xusto e máis humano.
- Preocúpanos profundamente a crise na que estamos inmersos, ocasionada polos bancos e que unicamente estamos a pagar nos.Tivemos que pagar un rescate ós bancos.


- Hoxe todo está manexado polo poder financeiro. Organismos como o Fondo Monetario Internacional, o Banco Europeo, as axencias de calificación, son as que controlan os nosos destinos.


- Preocúpanos enormemente o noso actual sistema político. Un sistema político corrupto, onde continuamente coñecemos novos casos de imputacións a dirixentes, e onde non se aparta ós imputados. Un sistema político cheo de privilexios. Non temos máis que ver cómo os nosos ministros e presidentes acaban de conselleiros de empresas como Barclays, Telefónica, Gas Natural e tantas e tantas outras.


- Preocúpanos todo o que se deriva disto: os niveis insustentables de paro, con especial incidencia na xuventude, da que xa se di unha xeración perdida, o recorte de dereitos, o recorte en sanidade, o aumento da idade de xubilación, os recortes na educación que lastrarán o noso futuro, os problemas na vivenda.


- E moitas outras cousas das que poderiamos falar durante horas, como a non separación de poderes, a degradación do medio ambiente, o gasto militar, onde se financian guerras e se envían a soldados a loitar contra ditadores ós que durante anos se lles venderon armas. E todas aquelas preocupacións que cada persoa leve dentro.


Isto vai ser un proceso longo e duro. Acaba de nacer e estamos aprendendo por onde ir. E nesta segunda xuntanza temos que profundizar en todos estes elementos que puxemos na primeira.


Cometeremos erros, pero se loitamos xuntos, nada o poderá parar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.