Unidade frente os recortes sociais e polos direitos políticos A Marcha Mineira que chegou o pasado 11 de maio á capital do Estado foi seguida por masivas mobilizacións e manifestacións rexeitando os recortes que o goberno, co respaldo da monarquía, aprobara o 13 X. Umhas políticas feitas á medida dos intereses da gran banca e dos grandes empresarios, dictada desde Bruxelas pola Troika, e que estan a impor na Union Europea.
O pacote de medidas supoen o empobrecimento da poboación traballadora europea en xeral, e nomeadamente das zonas periféricas da UE. Temos chegado a um punto no que todo aumento dos beneficios empresariais ou bancarios só podem vir dun aumento da pobreza social e da explotación da clase traballadora.
Neste cadro, o capital español precisa de se centralizar para negociar con mais forza as migallas que lle poden cair da mesa da Union Europea; por iso a recentralización do Estado Español, reforzando as Diputacións frente as CC AA e concellos, Isto deixa a umha nación periférica como Galiza, nun estado en camiño dumha intervención política directa polos estados centrais da Union Europea, con umha saída, aumentar a sua dependencia económica, social e política.
O pobo traballador galego sufre como o resto do Estado as medidas do goberno do PP, mas polas suas condicións concretas de nacion oprimida, algumhas delas afectan dun xeito distinto. Por iso, a “re”centralización do estado engade mais sufrimentos á poboación, que despois dumha paréntesis histórica, volve a perder poboación: no ultimo ano o censo da Galiza retrocedeu en 11 mil persoas. A Xunta do PP, coa sua política servil frente o Estado Español e a Unión Europea, apresentandonse como alumno de Rajoy nos recortes, e avalando todas as súas “ocorrencias”, é o “palanganero” desta política de desmantelamento industrial e social da Galiza.
Roubaron todo o que quixeron e agora pagamolo todos/as.
Galiza, o seu pobo traballador ten direito á autodeterminación, a decider o seu futuro, o control das suas riquezas e como quere relacionar co resto dos pobos. Mas os ataques que veñen da Xunta e do goberno español, son dictados pola Troika, Bruxelas e BCE, por elo, a defensa dos direitos do pobo traballador pasan pola unidade na loita cos traballadores/as e o pobo grego, italiano, portugués, frances, aleman... mas tamén coa clase traballadora española, que como, os mineiros, puxeron ao goberno de Rajoy contra as cordas. Todo isto concretizase na loita por derrubar os gobernos do PP, contra a Union Europea e a Troika, pola resconquista dos direitos laborais expropiados, polo non pago da debeda e a nacionalizacion da banca baixo control obreiro e social, por umha política fiscal progresiva... Por umha saída obreira e popular á crise; do que o direito á autodeterminacion da Galiza é um dos seus puntos centrais. Para avanzar neste camiño é preciso e urxente avanzar na convocatoria e realizacion dun amplo Encontro Democrático aberto a todos/as aqueles que teñamos no noso obxetivo que a crise social a pague o capital, onde se levanten propostas de mobilizacion sostida no tempo, que inclúa umha folga xeral, contra esas politicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.