A Plataforma de defensa da sanidade pública SOS Sanidade Pública de A Coruña vai facer un acto simbólico de crear un MURO DEFENSIVO diante do Ambulatorio do Ventorrillo. Nese momento tamén se dará unha rolda de prensa de presentación da manifestación convocada por SOS Sanidade Pública que andará polas rúas da Coruña o xoves 19 de marzo.
Data: Luns 16 de marzo ás 11 horas
Lugar: Diante do Ambulatorio do Ventorrillo
Convoca: Plataforma de defensa da sanidade pública
SOS Sanidade Pública

Acción:
1. Muro defensivo organizado por SOS Sanidade Pública, coa participación de todas as persoas que queiran, diante do ambulatorio do Ventorrillo
2. Rolda de prensa de presentación da manifestación do día 19 Máis que nunca é necesario facer entre todos, cidadanía, pacientes e profesionais, un MURO de defensa da nosa sanidade pública.
Máis que nunca temos que berrar moi forte NON PASARÁN. NON DESTROCEN MÁIS A SANIDADE DE TODOS, A SANIDADE PÚBLICA.
Para que a sanidade sexa UNIVERSAL, para todo o mundo independentemente da clase social ou dos ingresos económicos.
Para que todo o mundo teña dereito ao acceso a tratamentos e probas diagnósticas.
Para que paren as privatizacións.
Para que paren os recortes.
Para defender o dereito á saúde.
Por todo isto faremos a acción de enlazar as mans e formar un MURO imposible de romper a Feijoo e a conselleira de sanidade, un MURO que nos asegure unha sanidade para todo o mundo, igualitaria , humana e de calidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.