Un plan de axuste salvaxe e un país intervido a prol da banca
Mentres os mineiros e o pobo traballador de Madrid manifestábanse, Rajoy anunciaba as novas e salvaxes medidas de guerra social, o maior plan de axuste coñecido até a data: subida xeneralizada do IVE e outros impostos indirectos, eliminación da paga de Nadal e outras agresións aos salarios e ao emprego público, recortes da prestación e do subsidio de desemprego, outro machadazo á lei de dependencia, novo axuste ás Comunidades Autónomas, rebaixa das cotizacións patronais á Seguridade Social...
As medidas de Rajoy foron ditadas pola UE e correspóndense cun estado intervido, aínda que non sexa formalmente pola Troika (a UE, o BCE e o FMI), que convertería aos ministros en meros recadeiros. Pero a toma de control do sistema bancario español por parte do BCE (ou, o que vén ser o mesmo, o Bundesbank alemán) e as medidas de axuste de Rajoy, en nada se diferencian das medidas que a Troika foi impondo en Portugal ou en Grecia estes dous últimos anos. En verdade, para os traballadores e o pobo non hai diferenza entre unha intervención ou outra da Troika.
As medidas son a contrapartida ao rescate bancario e teñen como obxectivo asegurar que a banca europea cobre as súas débedas da banca española e que tanto os banqueiros europeos como españois cobren do Estado a Débeda pública que teñen nas súas carteiras e da que eles son os principais responsables. O pago desta Débeda pública ilexítima foi convertido polo PP e o PSOE en “prioridade absoluta” na reforma exprés da Constitución do verán pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.