Hai que unificar as loitas en curso.
Hai que esixir a todos os sindicatos, e en primeiro lugar aos que teñen maior responsabilidade, CCOO-UXT, que se poñan á tarefa de organizar unitariamente a folga xeral para derrotar Rajoy. Hai que dicir a Toxo e Méndez que non poden manter esa política miserable de contemporización co Goberno e de illamento das loitas entre si.
Unha folga xeral que non pode ser unha mera folga de protesta sen continuidade e que debe estar controlada democraticamente pola base, en asembleas xerais que decidan as reivindicacións, a súa duración e o curso da loita. Unha folga xeral que inclúa entre as súas esixencias as reivindicacións mineiras, o freo á represión policial, a retirada dos ataques aos empregados públicos e aos parados e de todo o paquetazo de Rajoy, a derrogación da reforma laboral e das pensións, nin un euro á banca, a suspensión inmediata do pago da débeda pública aos banqueiros e especuladores, fóra o goberno Rajoy e a troika.
Pero mentres esiximos non debemos quedarnos paralizados. Pola contra, hai que ir levantando paralelamente à alternativa á burocracia sindical de CCOO-UXT, como nos ensinaron os compañeiros de HQPLP de Madrid, ao participar unitariamente de todas as manifestacións convocadas para recibir aos mineiros e ao mesmo tempo organizar en fronte único con moitas asembleas de 15M e centros sociais ocupados unha manifestación que reuniu 25 mil acodes, onde se puido ouvir a voz dos mineiros e non soamente da burocracia sindical, avanzando na construción dunha fronte única entre os que queren loitar e derrotar a este goberno e os seus plans de guerra social contra nós.
Hai que traballar para conformar nas manifestacións do 19 de Xullo un bloque alternativo de clase á burocracia de CCOO-UXT.
É fundamental unha fronte única entre todo sindicalismo Alternativo e tamén os Movementos Sociais que poida ser unha alternativa á burocracia sindical para unificar as loitas de verdade, con democracia e determinación, para poder vencer e derrotar o goberno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.