NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

viernes, 24 de abril de 2015

STOP MORTES NO MEDITERRÁNEO

- O sábado 9 de maio de 2015 a partir das 12,30 horas terá lugar no paseo marítimo da Coruña un acto da campaña STOP MORTES NO MEDITERRÁNEO.

 - O acto consistirá nunha performance alusiva aos milleiros de persoas que, fuxindo dos conflitos, da persecución ou da pobreza, perderon a súa vida no Mediterráneo. No primeiro cuadrimestre deste ano 2015, a cifra de mortos multiplicouse por cen en comparación co ano 2014. Nembargantes, os políticos europeos miran para outro lado.


A pesares dos chamamentos internacionais, os Estados europeos decidiron poñer máis recursos, pero non para salvar vidas senón para protexer as súas fronteiras. E mentres as persoas morren. ¿Ata cándo?. ¿Cántas persoas máis deben morrer para que os gobernos europeos entendan que deben antepor a protección das persoas?

- Os organizadores aconsellan aos que desexen participar no acto que vaian completamente vestidos con roupa negra e que se dirixan o sábado ás 12,30 horas a calquera dos dous puntos de encontro fixados: a fonte dos surfistas ou a beira do Playa Club de Riazor.
Dende ámbolos dous puntos marcharán en fila polo paseo marítimo ata adentrarse na praia, na que terá lugar a performance.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.