NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

viernes, 26 de julio de 2013

A PACD ACUDIRÁ Á MANIFESTACIÓN DO 25X

O nodo galego da PACD acudirá á manifestación do 25 de xullo baixo o lema “Que se lixe a troika. Non debemos, non pagamos!”
A Plataforma para a Auditoría Cidadá da Débeda (PACD) imos acudir baixo este lema á manifestación do 25 de xullo. Porque queremos reivindicar:

- Unha auditoría cidadá da débeda, que nos permita coñecer con todo detalle o proceso que nos trouxo a esta situación (9500 millóns de euros de débeda pública na Galiza, un 28% máis que hai un ano).
- O non pago da débeda ilexítima, é dicir, a débeda que foi contraida en contra dos intereses do pobo, a través da socialización das perdas do sector privado e dunhas políticas de austeridade derivadas da mesma. A débeda pública non é a causa da crise-estafa (supuña un 35,5% do PIB do estado español no 2007) senón unha consecuencia da mesma (84,1% a finais de 2012).
- O rexeitamento dos custes sociais que supon o seu pagamento, que, en forma de recortes e privatizacions dos servizos públicos e sociais (saúde, educación, transporte, dependencia,etc.), empobrecen á poboación.
- Que os responsáveis desta situación asuman as consecuencias políticas e penais da súa nefasta xestión.
- A derrogacion de todas as medidas contitucionais e legais que impoñen o pagamento desta ilexitima debeda.
- Unha verdadeira democracia, que implique unha transformación do sistema para poñer no centro a vida e os dereitos e condicións de vida das persoas. Así, entendemos a auditoría como un mecanismo de empoderamento, que contribúa a recuperar a soberanía do pobo, dotando á sociedade dunha ferramenta a través da cal loitar pola transparencia, a democracia e a xustiza social.
Sairemos da Alameda de Compostela, ás 12, baixo unha faixa co lema “Que se lixe a troika! Non debemos, non pagamos!” e convidámosvos a unirvos a todas aquelas persoas que compartides connosco o rexeitamento ao pago dunha débeda que é ilexítima e ás políticas de austeridade impostas pola troika e asumidas pola Xunta de Galiza. 
 Que se lixe a troika! Non debemos, non pagamos!
Publicado en : Plataforma Auditoría Ciudadana de la Deuda

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.