"Corrente Vermella chama á participar nas mobilizacións do vindeiro 25 de Xullo, no seu cortexo, co lema FORA DA UE E DA TROIKA - POR UNA SAIDA SOCIALISTA. detrás da faixa da Plataforma por Unha Auditoria Cidada da Debeda, que baixo o lema “Que se lixe a Troika, non debemos non pagamos”, concentrarase ás 12 h na Alameda de Compostela.
Para CV a poboacion traballadora galega, como a europea e española, están sufrindo dunha maneira brutal as consecuencias da crise do capitalismo a través das políticas dos gobernos, de Unión Europea e a Troika.
Co obxectivo de recuperar os beneficios dos empresarios e banqueiros, coa finalidade de enriquecelos mais ainda, apróbanse reformas laborais, reformas constitucionais para garantir o pago da débeda, desmantelan e privatizan servizos publicos; todo isto feito por uns gobernos que non deixan de roubar a man cheas.
Para garantir a victoria da clase traballadora e os pobos frente aos gobernos, a Xunta e o Central, e a UE non bastan os acordos institucionais, se estos non serven como canle orgánica para, a partir dun acordo de mínimos na defensa dos direitos sociais e políticos da poboación, contra esta Unión Europea e o Euro, avancen na coordinación dos organismos que hoxe loitan contra os recortes, a austeridade e a reforma laboral; en fin, por umha fronte única social que desenvolva a mobilización social sostida no tempo, no camiño da Folga Xeral Política, ate derrubar os gobernos de Rajoy e Feijoo.
Este 25 de Xullo ten que ser umha xornada de loita no camiño da derrubada dos gobernos do PP e a apertura dun proceso constituínte que garanta umha saída obreira e popular á crise."
vos esperamos desde as 11h noso posto de venta na Alameda
Leer el especial de : PÁXINA VERMELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.