A Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débeda da Galiza (PACD) organiza este sábado día 13 de xullo unha asamblea aberta na Rúa Barcelona á cal vos convidamos. A intención é presentar a PACD: dar a coñecer a súa finalidade e obxectivos así como facer partícipe a toda a cidadanía das súas liñas de actuación e denuncia.
A PACD nace co obxectivo de denunciar o mecanismo de explotación da débeda así como as políticas económicas e financieiras que veñen provocando a crise e os programas de austeridade que nos están a impoñer para xestionala.
O análise da débeda ou auditoría, para esclarecer a lexitimidade ou ilexitimidade da mesma é un poderoso instrumento de empoderamento da sociedade que persegue a transparencia e o control democrático do Estado e os seus gobernantes.
Por iso o entendemos como un proceso aberto á cidadanía e non únicamente reservado a persoas expertas.
Esixir o NON PAGO da débeda contraída de maneira ilexítima; denunciar ao sistema financieiro que provocou esta crise; depurar responsabilidades tanto aquí coma no Sur global ou empoderar á poboación mediante a construcción de espazos de aprendizaxe, democracia participativa e transparencia, son algúns dos obxectivos que perseguimos desde a PACD.
Por todo isto, e porque queremos-debemos aspirar a un modelo que persiga a xustiza social en todos os ámbitos, situando ás persoas no centro da vida, convidámosvos a participar desta reunión informativa aberta que terá lugar este sábado 13 de xullo na Rúa Barcelona.
Desde as 11.30 da mañá e ata as 14.00 a PACD disporá unha mesa informativa na Rúa Barcelona 24 ao redor da cal establecerase un diálogo aberto con toda persoa interesada en achegarse.
Porque NON DEBEMOS, NON PAGAMOS!
Plataforma pola Auditoría Cidadá da Débeda da Galiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.