NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

lunes, 2 de abril de 2012

RAZONES PARA LA HUELGA

Para leerlos, copiarlos o imprimirlos, HAZ CLICK SOBRE LOS CARTELES :

Umha Folga Xeral contra a Reforma e os Recortes
Un Plan para enfrentar o goberno do PP :


O PP chegou o goberno para rematar o traballo comezado polo PSOE, integrar o Estado Español nos novos plans da Union Europea, baixo as directrices de Merkel e Sarkozi, com umhas políticas semellantas ás aplicadas em Grecia, Irlanda, Italia ou Portugal.


“Austeridade” no gasto publico para avanzar nas privatizacions dos servizos públicos, “recortes” nos servizos sociais e pensions para pagar a debeda aos bancos e “reforma” de todas as relacions laborais para mellorar os benefícios empresariais. Todas estas medidas procuran trasvasar as rendas do traballo ás rendas do capital, enriquecendo aos de sempre, banqueiros e empresários.
Coa Reforma Laboral o PP abre un camiño moito mais profundo, pois a sua aplicacion leva a un retroceso de cen anos para os 17 millons de asalariados/as do Estado Español, o liquidar a conquista básica da clase traballadora, o direito á defensa colectiva dos seus direitos. Com ela, os traballadores/as fican indefensos ante o poder do empresário.


Como xa declarou Rajoy, que frente a aplicacion destas medidas non lle importa manter “a paz social”, xa preparan un novo ataque co aval da Union Europea, os Orzamentos Estatais. É a declaracion de “guerra social total” contra a clase traballadora e o pobo.


Por todo elo, estas politica son innegociables, a única alternativa posible é coa mobilización frear en seco o PP, impondo a derrogacion da Reforma Laboral e o reparto do traballo sen reducción salarial, a prohibición por lei de calquer privatización de servizos públicos, o non pago da debeda, a expropiación e nacionalización da banca, etc.


A mobilización sirve,… se ten continuidade e obxectivos claros. A sucesión de ataques coordinados desde Bruxelas, e aplicados en todos os estados europeos, impoen a elaboración dun Plan Unificado de Loitas votado en Asembleas de Centro de Traballo, Estudo e Barrios que de continuidade á folga do 29, e avance cara a unidade da clase traballadora, coa convocatoria de dunha Folga Xeral Europea


O obxectivo desta mobilización sostida no tempo non pode ser outra que botar abaixo os planes da Union Europea de empobrecimento social, de destrucción de conquistas laborais e desmantelamento do Estado do Bem estar, no beneficio dos bancos e as grandes empresas, que de conxunto aplicanse em todos os estados europeos.


Mas a profundidade da crisis do sistema capitalista, incapaz mesmo com estas medidas de “guerra social” de sair dela - ameazan xa com outra recesion-, pon á clase traballadora e os pobos na obriga de levantar unha alternativa social ao empobrecimento que significa a pervivencia do capitalismo.
O seu fracaso é un feito trás 5 anos de crise, porque o capitalismo é sinônimo de crise. O Mercado é o seu deus, que tem o seu servizo as vidas da poboacion; pola contra a alternativa social, o socialismo, é romper côas leis do mercado e significa racionalizar, planificar o desenvolvimento o servizo das necesidades democraticamente decididas pola sociedade, non pola cobiza dumha minoria.


Esto é o que significa socialismo, mas non van regalar nada nin van renunciar os seus privilexios sem que a mobilizacion social o impoña. A Folga Xeral do 29 M, como a do 22 en Portugal, as gregas e as mais que previsibles no resto de Europea non podem ficar em fogos de artificios, sino teñen que ser o comezo desa mobilizacion social, sostida no tempo, que derrote o capital e os seus gobernos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.