NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

lunes, 30 de abril de 2012

1 DE MAYO MOBILIZATE

HAZ CLICK EN EL CARTEL PARA COPIARLO O IMPRIMIRLO :

Entre os actos organizados pola CGT da Coruña para conmemorar o Primeiro de Maio, logo da Manifestación ”Pola Derrogación da Reforma Laboral”, que partirá da Praza de Pontevedra ás 12:30, terá lugar o tradicional xantar confederal de confraternización. 


 Ao seu remate está prevista a celebración dun Concerto no Bar do Portiño, coas actuacións dos grupos Solos e A Canalla. A hora de comezo será a partir das 18:30 horas e a entrada será gratuita


Este ano, o Primeiro de Maio ten unha especial importancia. Se sempre foi un día de afirmación de pertenza a unha clase, hoxe en día, tras as masivas mobilizacións do pasado 29 de marzo, a clase traballadora non pode quedarse agora na casa a esperar que este goberno, lacaio do capitalismo máis voraz, cambie os seus obxectivos de empobrecemento da poboación. Agora, máis que nunca, temos que continuar ata conseguir parar os plans de recortes nos servizos públicos e botar un empurrón cara a consecución da derrogación da última Reforma Laboral.
Os sindicatos divididos, dividen 
A necesaria unidade da clase traballadora e o pobo contra as políticas de Reforma Laboral, Recortes Sociais e Privatizacións do goberno non ten a súa contrapartida desde as organizacións sindicais, que, desgraciadamente, convocan manifestacións diferentes. Para o 15M de A Coruña é un erro monumental a guerra de siglas, pondo na obriga aos traballadores e traballadoras de ter que decidir por motivos ideolóxicos ou de siglas. 


Os partidos maioritarios estan vendidos e entre os seus principais interese non esta o de representar o pobo, a seu disfraz ideoloxico xa non engana a ninguen que estan rendidos en maior ou menor grao ao gran capital, local e global. A pesima lei electoral e o desencanto da poboacion non permite que outros partidos cheguen a umha cota significativa de poder, e os mantén nun papel puramente testimonial.


O poder xudicial esta limitado pólas manobras dos partidos e dese gran capital, e xá non garante nin tan siquer algunhas das liberdades fundamentais. De feito, anuncianse leis ainda mais coercitivas, que limitan o único direito que mantiñamos, o direito a protestar.A clase traballadora e o pobo em xeral esta, poren, so diante do poderoso inimigo financeiro global, e os cauces do sistema ao que trás os últimos recortes xá non debemos practicamente nada, levanos inevitablemente cara a escravitude ao servizo dos bancos e as multinacionais.


As organizacions sociais mais importantes, entre elas as centrais sindicais, teñen que romper co sistema que revelouse como umha trampa mortal para todos e todas, e teñen que xuntarse cara a colaborar na organización da defensa dos intereses da poboacion, diante do ataque que o pobo esta a sufrir na Galiza, no Estado Español, e na Union Europea, como parte da crise capitalista que atinxe o conxunto da poboacion traballadora de todo o mundo.


Este 1º de maio, como há um mês na folga xeral, a necesaria unidade da clase traballadora e o pobo contra as políticas de Axuste e Recortes, de Reforma Laboral e Privatizacions do goberno e a Union Europea, non teñen a sua contrapartidas desde as organizacions sindicais, que, desgraciadamente convocan manifestacions separadas. 


 Para a Rede de Barrios e Vilas da Coruña é um erro monumental a guerra de siglas, que pon aos traballadores e traballadora na obriga de decidir por motivos ideoloxicos.As centrais sindicais teñen que asumir, desde a unidade, o papel que tradicionalmente lles correspondeu como vangarda da loita da cidadania contra os planes do capital e os seus gobernos, que estase a organizar por si mesma nas ruas.Despois do êxito da Folga Xeral do 29M, cando millons rexeitamos as políticas do PP, non colle um paso atrás na mobilización. 


A derrota dos planes do goberno exixen a continuidade na loita, a partir das asembleas de centros de traballo, estudo ou barrio.O 1º de maio é um fito nessa continuidade. Póla sua banda, o 15M, do que a Rede fai parte, convoca para o 12M umha xornada mundial de loita contra estas políticas; chamamos a todos e todas a participar nas actividades que a Rede, baixo o lema “por umha saída social da crise”, tem convocadas para esa data: manifestacion o 12M, que saíra da Palloza, e asemblea popular no Obelisco, para discutir entre todos “como organizarnos para enfrentar as políticas do goberno e o capital”. 


1º de maio: Dia Internacional da Clase Traballadora 
Cos traballadores/as europeos, cós Pobos contra a Union Europea 
Desde a Grecia ate Portugal, desde Alemaña ate Italia, pasando por Irlanda ou Franza, as políticas de Bruxelas, impulsadas por Merkel-Sarkozi, teñen un eixo comum, o “axuste” e a “disciplina Fiscal”, o empobrecimento xeral da sociedade, mentras lle deron á banca perto do 4 billons de eurospara tapar os buracos da especulacion. ¡A isto chamanlle “austeridade”! 


Coa excusa de saír da crise, queren impor un retroceso histórico á clase traballadora europea, desmantelando as conquistas sociais, a privatizacion dos servizos, e as reformas laborais, co aumento da precariedade -5 millons de traballadores na “rica” Alemaña viven com 500 euros o mês- ou o desemprego, perto de 30 millons em Europa. 


Non existen políticas “nacionais”, senon políticas deseñadas pola Union Europea aplicadas pólos gobernos estatais. Por isso, a única continuidade que pode ter a folga xeral española do 29M, como as folgas xerais gregas, portuguesas o italianas, é a de avanzar na unidade da clase traballadora europea. 


A experiência grega demonstra que, trás 14 FX, o freo á victoria esta na limitacions dentro das fronteiras “estatais” da respotsa. A clase traballadora galega, nin tan siquer española, enfrenta soa un plan “estatal” ou nacional.Enfrentase a todo unha política europea, e a resposta so pode ser o dacoordinacion europea das mobilizacions, cara a convocatória, dunha Folga Xeral na Union contra as políticas de Axuste e Austeridade de Bruxelas. 


Neste marco é que hai poñer a convocatória dunha nova xornada de folga feita pola CIG para o vindeiro mês de xuño. De feito, se se quere un novo êxito, esta xornada de Folga tem que ser parte un plan de loitas votado em asembleas de centro de traballo, estudo e barrio, cousa que ate o de agora non se fai, pois as convocatórias fanse desde as cúpulas á base, como se istas foran meras expectadoras dumha loita dos “xefes” contra os gobernos. 


Pola sua banda a Confederacion Europea de Sindicatos (CES), da que é Secretario Xeral Toxo de CCOO seguen freando o camiño á unidade europea, limitaronse a convocatórias simbólicas dirixidas aos delegados sindicais, e fomentando a division sindical. É hora de entender que a actual Union Europea é a Union dos Capitalistas Europeos, que actuan dun xeito unificado contra a clase traballadora e os pobos, e que só a unidade destos pode derrotalos. 


É tarefa do sindicalismo combativo, que din loitar contra as bases do capitalismo, por outro modelo social, o de tomar todas as medidas necesarias para construir esa coordinacion nas mobilizacions que desde a CES negase. 


Non pode suceder de novo que os compañeiros/as portugueses fixeran Folga Xeral o 22 de marzo, e no Estado Español fose o 29M, ninguen pensou que era posible facer umha folga conxunta? ou non se quixo facer? Non pode ser que os gregos fiquen illados do resto de Europa, non é aceptable que as loitas italianas fiquen dentro das suas fronteiras. Por isto,Corrente Vermella, neste 1º de maio quere rendir homenaxe ao xubilado grego que suicidouse na Praza Sintagma de Atenas, e deixou as seguintes palabras. 


“O Goberno de ocupación de Tsolakoglou [referencia o goberno colaboracionista nazi durante a segunda guerra mundial] reduciu á nada, literalmente, a miña capacidade de supervivencia que dependía dunha respectable pensión que, durante máis de 35 anos, eu só (sen contribución do estado) paguei. Dado que teño unha idade coa que xa non teño o poder de resistir activamente (aínda que, por suposto, non descarto que, se calquera grego empuñase un kalashnikov, eu sería o segundo en facelo) non atopo outra solución para un final digno antes que estea reducido a buscar no lixo para alimentarme. Creo que os mozos sen futuro tomarán as armas algún día e colgarán aos traidores nacionais na Praza da Constitución [Praza Syntagma], igual que os italianos colgaron a Mussolini (na Piazza Loreto de Milán)” 
Contra as políticas da Union Europea 
UNIDADE E LOITA DA CLASE TRABALLADORA E OS POBOS

Haz click : La encrucijada de los sindicatos
Escrito por Xaquín García Sinde C. Ejecutiva CCOO Astilleros Navantia · Ferrol

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.