Haz click en los carteles para verlos mejor, copiarlos o imprimirlos.
O 15M de Monte Alto así coma o resto da Rede do 15M da Coruña se suman á marcha do domingo 22 en apoio ós traballadores da Torre de Hércules, pola subrogación dos seus contratos e pola reapertura do monumento, pechado actualmente coa excusa dunhas obras que o Concello non detalla, que non se están a levar a cabo e que non son senón a excusa para encubrir unha chafallada que ocasiona o despido de 13 traballadores.
A Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade dende o 2009, é un importante reclamo turístico e polo tanto dá á cidade a posibilidade de ingresar moitos cartos ó ano, cartos que os sabios xestores do Concello nos fan deixar de gañar con este peche inxustificado. Sen dúbida agardan que os milleiros de viaxeiros que nos prometen cada ano que van vir a Alvedro van acudir en masa a visita-la inigualable oferta coruñesa de centros comerciais.
O PP arrebatoulle un monumento milenario ó mundo para inaugura-lo seu novo “monumento á trapallada”. O 15M de Monte Alto acude a esta movilización xunto ós traballadores da Torre para denunciar as nefastas políticas que o PP está a levar a cabo no noso concello en tódolos eidos.
Como é posible que un equipo de goberno que chega coas típicas promesas de eficacia da dereita se lance a recortar sen criterio en servizos públicos e sociais como centros cívicos e bibliotecas, instaura-lo copago nunha serie de servizos básicos, retira-lo carril bus, as axudas ós dependentes,etc., en lugar de manter en funcionamento unha atracción turística rentable para a cidade?
Por qué prefiren recortar en lugar de ingresar?
O feito é que o faro romano mais antigo do mundo en funcionamento deixou de lucir ás poucas semanas de instalarse o PP no Concello da Coruña. O domingo 22 ás 17:00 toda a cidade da Coruña irá dende o pé da Torre ata María Pita para botárllelo en cara.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.