NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

lunes, 9 de abril de 2012

REDE DE BARRIOS E VILAS DA CORUÑA

A Rede de Asembleas da Coruña se suma á convocatoria dos sindicatos cara á folga do día 29 contra a reforma laboral do PP, que ademáis enmarcamos no ataque neoliberal que está a sufri-la sociedade. 


 A folga de producción segue a se-lo mellor instrumento de loita dos traballadores, e considerámola fundamental para o comezo da organización da resposta sostida da sociedade contra o neoliberalismo, que contamina un sistema ó que de feito, pouco lle debemos xa trala reforma constitucional pactada a traición polos dous partidos maioritarios, que básicamente entrega o país ás forzas do capital nacional e global, tralos recortes nos servicios públicos á vez que continúan as políticas que favorecen ás grandes fortunas, medidas todas que veñen ordenadas por eses cada vez menos misteriosos “mercados” e trala manifesta inoperancia dun sistema xudicial intervenido polos partidos e o gran capital, que non ofrece garantía algunha ós cidadáns de defensa en cuestións fundamentais de funcionamento democrático e defensa de dereitos básicos. 


 Tamén se debe considera-lo aspecto da folga de consumo, o outro pilar do sistema productivo; e o verdadeiramente clave, porque a espiral de sobreconsumo é o que realmente mantén o sistema en marcha, e é hoxe por hoxe case a única actividade na que podemos exercer realmente as mínimas liberdades que conservamos. 


Unha caída do consumo o día 29 sería, ó igual que a caída da producción, un golpe directo ós intereses do capital. Chamamos a todos os traballadores/as a participar na folga, para que sexa unha protesta da xente, fóra de siglas Chamamos aos parados/as a que ese día se incorporen aos piquetes e a manifestación, porque eles/as son os principais damnificados dunha reforma que pecha as portas á creación de emprego. 


 Chamamos aos/as estudantes, aos mozos, a participar na folga e aos piquetes porque este goberno condena á mocidade a non ter nin futuro? nin presente. Chamamos aos xubilados/as e pensionistas a que ese día saian cos folguistas á rúa porque este goberno, como en Grecia, seguirá roubando as xa miserables pensións. Chamamos aos pequenos/as comerciantes a sumarse á folga dos traballadores, porque o goberno dos banqueiros e a Lei de liberdade de horarios comerciais empúxanlles á ruína. 


 A necesaria unidade da clase traballadora e o pobo contra as políticas de Reforma Laboral, Recortes Sociais e Privatizacións do goberno non ten a súa contrapartida desde as organizacións sindicais, que, desgraciadamente, convocan manifestacións diferentes. Para a Rede de Barrios e Vilas dá Coruña é un erro monumental a guerra de siglas, pondo na obriga aos traballadores e traballadoras de ter que decidir por motivos ideolóxicos ou de siglas. 


 Acudimos á folga pola loita dos traballadores e non seguindo a ningún colectivo, senón ó seu lado. A mesaxe é simple: non á reforma laboral imposta polo capital. Estamos contra a utilización política por parte de certos sindicatos das reivindicacións dos traballadores, que crean unha división que somentes favorece ós obxectivos burocráticos desas organizacións e ós obxectivos políticos do goberno do PP, entregado a grandes rasgos ó poder financieiro global ó igual que o PSOE. 


É imprescindible que eses sindicatos se posicionen claramente do lado da clase traballadora, dos precarios, dos sin papeis e por suposto dos parados, abandonen os seus obxectivos secundarios de organización, e movilicen de maneira conxunta as súas forzas para o obxectivo concreto de derruba-la reforma laboral primeiro e avanzar despois na reconquista dos dereitos que están a ser eliminados co único criterio de mante-lo expolio á cidadanía que supón o sistema na súa forma actual. 


 A Rede de Asembleas do 15M da Coruña acude ás movilizacións do lado dos sindicatos minoritarios por identicarnos cos seus obxectivos nesta loita concreta e coa súa actuación asamblearia. Chamamos a toda a cidadanía da comarca a sumarse tamén á loita participando activamente na folga contra esta reforma laboral inaceptable, a adherirse os piquetes na súa labor informativa, e a participar con CGT e CUT na manifestación o día 29 de Marzo ás 12:30 con saída dende a Praza de Portugal. Contra os neoliberais e por unha saída social á crise. 15M – Rede de Barrios e Vilas da Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.