Ante as declaracións realizadas polo presidente de Galicia Núñez Feijoo nun programa de televisión sobre a súa intención de colaborar servizos non medicos nos hospitais públicos galegos , a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere manifestar:
1.- Que esta medida supón outro paso máis na introdución do copago na sanidade pública galega, que se suma ao cobro pola tramitación dos cartóns sanitarios; o bloqueo do cartón aos parados de longa duración perdan o dereito ao desemprego; aos emigrantes con menos de 183 días empadroados; o pago por unha demanda irresponsable (¡¡¡????), o pago por adiantado das próteses dos enfermos que as necesiten; o pago por transporte en ambulancias, etc.
2.- Esta medida supón un grave atentado á equidade xa que diferenciará entre pacientes con recursos económicos e os que non os teñan á hora de recibir determinados servizos nos hospitais públicos.
3.- Neste mesmo sentido a medida suporá una barreira a atención hospitalaria para moita xente: O 60% das persoas que viven dun soldo gañan menos de 1.000 euros ao mes; existen 253.000 de parados na CCAA; a pensión media de Galicia está ao redor dos 600 euros ao mes. Con estes ingresos moitos pacientes deberán renunciar a comer, á ducha, ao cambio de roupa etc., ou simplemente abandonar o hospital
4.- É imposible diferenciar entre servizos sanitarios e non sanitarios na asistencia hospitalaria, xa que a limpeza, esterilización, hixiene persoal, alimentación, etc. son tan importantes como os de diagnóstico ou terapéuticos. No Reino Unido por mor da privatización dos servizos de limpeza subiu a mortalidade hospitalaria ata colocala á cabeza de Europa
Por todo isto a AGDSP esixe que o presidente rectifique estas propostas que non formaron parte da súa campaña electoral. O diñeiro que se obtería será unha menudencia se o comparamos co gasto hospitalario en medicamentos ou probas innecesarias, non decididas polos pacientes.
Manuel Martin Garcia
Portavoz AGDSP
Tno669704177
Kristallnacht
ResponderEliminarJueves. Son las 7 a.m. Entran en micasa. Golpean la puerta y las ventanas. La registran. Rompen cosas. Todas presas del pánico. Cuando empieza a amanecer se van. Probablemento son Guardia Civiles de A Estrada. Amenazaron con volver a detener a mi hijo, lo permita o no la Ley. A escondidas llegamos al Juzgado de Guardia para denunciarlos... ¿Me censurarán?... Hoy viernes nos cortaron Internet... Ver "¿TERRORISMO DE ESTADO?" en:
http://aims.selfip.org/spanish_revolution.htm