NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

jueves, 23 de agosto de 2012

NON AS MEDIDAS DE RAJOY - 5

Xa Basta! Fora Rajoy e a Troika! 
Tras a Marcha Negra, Organizar a Folga Xeral! Unir mineiros, empregados públicos e todas as loitas, xa! A heroica loita mineira, cos mineiros e as súas mulleres á fronte, coa folga indefinida, cos peches nos pozos, coa resistencia nas concas, coa Marcha Negra e o seu impresionante recibimento en Madrid, converteuse en exemplo e referencia central da clase traballadora de todo o Estado, ao berro “a loita do mineiro, orgullo do obreiro”. 
A Marcha Negra avivou a indignación popular diante dun goberno que non vacila en condenar á morte a comarcas enteiras para contentar á UE e favorecer o negocio das grandes empresas eléctricas, dominadas pola banca e os fondos de investimento estranxeiros. O goberno, incumprindo o pacto asinado, recortou a subvención ao carbón en 200 millóns, mentres regala unha cantidade superior ás construtoras das autoestradas radiais de Madrid para que non perdan diñeiro. Ou mentres enterra, só en Bankia, 23.500 millóns para “socializar” as perdas. “Non falta diñeiro, sobran ladróns!” 
O fito da Marcha Negra e a resposta ás brutais medidas do Goberno esíxenos dar un novo paso adiante: mantendo viva a solidariedade cos mineiros e rodeando de solidariedade todas as loitas, en especial a dos empregados públicos, salvaxemente atacados polo Goberno, hai que traballar con decisión para organizar unha próxima folga xeral que nos permita responder xuntos, desde os pozos mineiros, os establecementos públicos, as fábricas, as universidades e institutos, as barriadas e os pobos, aos plans de guerra social do Goberno e da Troika. 


Hai que manter viva a solidariedade cos mineiros para esixir o inmediato sobresemento de todos os cargos ás decenas de mineiros que foron detidos estas semanas e están baixo proceso xudicial, para que o Goberno cumpra o asinado e para dar unha saída duradeira e estable que garanta o futuro, mediante a nacionalización de toda a minería do carbón baixo control dos traballadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.