NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

jueves, 30 de agosto de 2012

NON AS MEDIDAS DE RAJOY - 6

Hai que unificar as  loitas en curso. 
Hai que esixir a todos os sindicatos, e en primeiro lugar aos que teñen maior responsabilidade, CCOO-UXT, que se poñan á tarefa de organizar unitariamente a folga xeral para derrotar Rajoy. Hai que dicir a Toxo e Méndez que non poden manter esa política miserable de contemporización co Goberno e de illamento das loitas entre si. 
Unha folga xeral que non pode ser unha mera folga de protesta sen continuidade e que debe estar controlada democraticamente pola base, en asembleas xerais que decidan as reivindicacións, a súa duración e o curso da loita. Unha folga xeral que inclúa entre as súas esixencias as reivindicacións mineiras, o freo á represión policial, a retirada dos ataques aos empregados públicos e aos parados e de todo o paquetazo de Rajoy, a derrogación da reforma laboral e das pensións, nin un euro á banca, a suspensión inmediata do pago da débeda pública aos banqueiros e especuladores, fóra o  goberno Rajoy e a troika. 
Pero mentres esiximos non debemos quedarnos paralizados. Pola contra, hai que ir levantando paralelamente à alternativa á burocracia sindical de CCOO-UXT, como nos ensinaron os compañeiros de HQPLP de Madrid, ao participar unitariamente de todas as manifestacións convocadas para recibir aos mineiros e ao mesmo tempo organizar en fronte único con moitas asembleas de 15M e centros sociais ocupados unha manifestación que reuniu 25 mil acodes, onde se puido ouvir a voz dos mineiros e non soamente da burocracia sindical, avanzando na construción dunha fronte única entre os que queren loitar e derrotar a este goberno e os seus plans de guerra social contra nós. 
Hai que traballar para conformar nas manifestacións do 19 de Xullo un bloque alternativo de clase á burocracia de CCOO-UXT. 
É fundamental unha fronte única entre todo sindicalismo Alternativo e tamén os Movementos Sociais que poida ser unha alternativa á burocracia sindical para unificar as loitas de verdade, con democracia e determinación, para poder vencer e derrotar o goberno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.