A súa compañeira de partido e Alcaldesa de Madrid Ana Botella di que"Nación e liberdade son os dous principios políticos clave" de Esperanza Aguirre. Comezando polo segundo, os seus principios "liberais" son eses que permitiron durante o seu "reinado" na Comunidade de Madrid, que as expropiacións e permutas de terreos para facer as grandes infraestruturas de Madrid, as compras e posterior recualificación de terreos ou a cesión de terreo público para empresas privadas fosen un inmenso negocio para esta vella estirpe latifundista.

Familiares, amigos e correlixionarios amasaron fortunas ao compás da especulación inmobiliaria e cando o boom foi tocando ao seu fin, en nome deses mesmos principios "liberais", foi a Presidenta da Comunidade de Madrid quen saíu ao rescate dos sectores vinculados ao ladrillo pondo nas súas mans recursos públicos para converter dereitos básicos como a sanidade ou a educación en grandes negocios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.