NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

viernes, 4 de julio de 2014

LA SANIDAD NO SE VENDE, SE DEFIENDE

Hoxe, xuntámonos aquí diferentes colectivos da cidade para denunciar o desmantelamento e a privatización do noso sistema de saúde.
Con este acto, e con outros que seguirán , queremos acadar a implicación de tódalas veciñas e veciños da nosa cidade, xunto ca dos profesionais da saúde na defensa e mellora do sistema público, para garantir unha atención sanitaria de calidade baseada tanto na promoción da saúde e a prevención como na curación e rehabilitación da enfermidade en igualdade de condicións para todas e todos,utilizando adecuadamente os recursos,creando emprego de calidade, actuando sobre os determinantes da enfermidade e todo elo a través dun sistema sanitario público, universal sin re-pagos e xestionado democraticamente.

Para elo so hai un camiño: a movilización continuada dos propios cidadáns defendendo nós mesmos o que é de todas e todos, así ,sen intermediarios, poderemos forzar ós políticos para que non fagan negocio ca nosa saúde.

E como cidadáns esiximos :

A derogación da leis básicas estatais 15/97 e 16/2012, así como as normas autonómicas que a desenrolan, para rematar co negocio na sanidade.

A volta a mans públicas de tódolos servizos privatizados ata o momento e a limitación a o máximo, e con control público, dos concertos con establecementos privados

Eliminación das medidas de re-pago farmacéutico para os pensionistas e tamén do re-pago no transporte sanitario, materiais ortoprotésicos e dietéticos, así como determinados fármacos de dispensación hospitalaria.

A volta á condición de cidadàn para ter dereito a tódalas prestacións do sistema nacional de saúde.

Atención sanitaria para todas e todos independentemente da súa situación administrativa. Elaboración de plans de saúde comunitarios (recollidos na propia Lei Xeral de Sanidade e sen desenrolar dende 1986) que permitan coñecer os determinantes e productores da enfermidade, así como as verdadeiras necesidades de atención sanitaria en cada zona, o que permitiría actuar sobre as causas e reducir o gasto sanitario.

Implantación da dedicación exclusiva no sector público para evitar , por un lado, as corruptelas e o vaivén de doentes da pública á privada e, por outro, rematar co pluriemprego no sector que favorece un exército de parados en algunhas categorías.

Implantación do turno de tarde para os facultativos, creando emprego fixo e garantindo a utilización óptima dos recursos públicos, evitando polo tanto a sangría que dende fai décadas supoñen os concertos privados.
Como cidadáns temos dereito a unha asistencia sanitaria de calidade, defendamos este dereito RECLAMANDO sempre que sexa necesario, tanto nas rúas como nos propios centros sanitarios : cando os tempos de espera sexan longos, cando constatamos unha plantilla insuficiente, cando pasemos horas nun sillón a espera dunha cama Temos que RECLAMAR.

Nos pagamos os nosos impostos para ter un servizo de calidade, e a administración ten que por os medios necesarios para que así sexa. Neguémonos a ser atendidos na sanidade privada, temos o noso sistema publico e este é o mellor xeito de defendelo. Si tras recibir un servizo sanitario nos dan unha factura, non a aceptemos, nos xa pagamos polo servizo tódolos días. Os únicos que non pagan son eles, os de arriba, os que levan os seus cartos a Suiza, ás Illas Caimán ou os teñen en Sicavs.

Nos somos os que mantemos o sistema. Iste é o único camiño- falemos cos nosos veciños, amigos , familiares, informándolles do que está a acontecer as nosas costas, para tecer unha rede informativa, que abra os ollos de todas e todos nos á realidade. Porque a información e un arma moi poderosa, e nós, seguiremos a informar e a concentrarnos ata que a nosa sanidade esté garantida, e os especuladores e falsos empresarios quiten as mans do que é noso: o sistema público de saúde

¡¡¡¡SANIDADE SEMPRE PUBLICA,GRATUITA E DE CALIDADE PARA TODAS E TODOS !!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.