NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

martes, 18 de noviembre de 2014

Concentración en apoio de Isabel e Álvaro

residentes en Elviña que ven a súa vivenda ameazada polo Plan Ofimático

Nestas últimas dúas semanas de Novembro o Concello do PP planexa desafiuzar a Álvaro, a súa nai Isabel e os seus dous fillos, habitantes de San Vicente de Elviña, e demoler a vivenda na que levan vivindo toda a súa vída. Na mañá de hoxe, STOP Desafiuzamentos Coruña acompañamos á veciñanza de Elviña-Galán afectada polas obras do Parque Ofimático na súa protesta por esta inminente ameaza de desaloxo.

Entre as 08:00 e 09:00 da mañá organizouse unha concentración con interrupción do tráfico por parte dunhas 40 persoas baixo o lema “Elviña non se vende, Elviña se defende”, no vial de entrada que se dirixe á universidade. A chegada dos diferentes dispositivos policiais non impediu a celebración pacífica da concentración, amosando que a única violencia é a política municipal que pretende o desaloxo dunha familia que despois de 80 anos residindo no lugar de Elviña ve como unhas obras desmedidas, innecesarias e totalmente inxustificadas ameazan non só o seu lugar de residencia, se non tamén o seu medio de subsistencia.

É de salientar que nos mesmos terreos nos que vive esta familia é onde se atopa o taller de reparación no que traballan Álvaro e os seus dous fillos, único sustento familiar xunto coa exigua pensión de Isabel. Namentres o Concello de A Coruña dilapida cartos públicos en obras de dubidoso retorno social e aproveitamento comunitario como o túnel da Mariña, o Parque Ofimático, o Porto Exterior e un longo listado de infraestructuras innecesarias, os dereitos dos seus cidadáns son vulnerados polo propio consistorio municipal.

Sobran os motivos para opoñerse ó desaloxo O Concello segue na súa propia burbulla urbanística, inflada con débeda pública, e non ten reparos en levarse por diante o que faga falta para manter ese espellismo de prosperidade. Saben que se nalgún momento a súa marcha vése interrumpida, a burbulla estoupa. 

No que atinxe ó Parque Ofimático, e ó caso da familia de Isabel e Álvaro en particular, pódese facer unha lista moi longa dos desmáns e absurdos nos que incurre o Goberno local na súa ilóxica urbanística. Aquí van algúns:
1) Máis de 20 anos despois de que se proxectara, o Plan do Parque Ofimático aínda nin sequera está pechado. Por exemplo, atendendo á proxección que fai o Plan de urbanización do Ofimático, a vivenda de Álvaro e a súa nai, Isabel, debe ser demolida para construír unha ponte que quedaría truncada a 8 metros de altura, suspendida no aire. Aínda non está previsto onde rematará esa ponte.
2) Ningún dos gobernos locais nestes 20 anos sentouse coa veciñanza a acordar o modelo de cidade que procuraba para tentar conciliar os intereses de tódalas partes. O máis que se produxo foron simulacros de consenso sen contido real, publicitados como victorias ás espaldas das veciñas e veciños. É máis, o Concello do PP negouse sempre a tratar este problema colectivamente, transixindo unicamente con reunións particulares nas que a persoa afectada síntese indefensa ante a apisonadora burocrática institucional.
3) A orde de desaloxo que pesa sobre a vivenda de Álvaro e Isabel, a executar nun prazo aberto ata finais de Novembro, está condicionada pola interposición posterior dun recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza. O Concello sen embargo non parece moi pola labor de agardar a que ese tribunal resolva o recurso. Unha vez desaloxada e demolida a vivenda, como repararán o dano feito se o xuíz establece que esa intervención foi ilegal? As mesmas máquinas excavadoras que esnaquizaron a casa a reconstruirán para que podan volver a vivir nela? Dubidámolo moito.
4) A casa de Álvaro e Isabel nin sequera está do lado no que se vai edificar o Parque Ofimático, senon que se atopa na outra marxe da Avenida Alfonso Molina. Esa zona, segundo o plan, destinaráse a “equipamento”, sen especificar de que tipo, nin en que condicións, nin por que resulta tan importante como para botar a unha familia da súa casa.
5) As zonas de Elviña-Galán e San Vicente de Elviña, sobre as que está proxectado o Ofimático, teñen fontes naturais e un patrimonio histórico que non debería ser arrasado. Iso tamén é riqueza.
6) O Plan Ofimático é a resaca dunha burbulla inmobiliaria que se levou todo por diante, incluíndo, de paso, os nosos dereitos máis básicos. A día de hoxe é un solar en construción que non resulta apetecible nin para as propias empresas construtoras, que prefiren agardar a que as circunstancias lles sexan máis propicias (isto é, a que comece un novo ciclo especulativo como o que xa vivimos).
7) O seu progreso non é o noso! Máis de 7.000.000 € de cartos públicos gastáronse xa na execución deste Plan, e apenas está comezando. Os vaticinios máis optimistas contan con que o custo final sexa de 36.000.000 €. Todo ese diñeiro viría ben para garantir necesidades básicas da xente como a alimentación, a saúde e a vivenda, para evitar o auxe da pobreza na nosa cidade, para abrir as 20.000 vivendas baleiras xa construídas na Coruña que agardan a que alguén lles dea uso. Pola contra, o Concello que di gobernarnos adícase a despilfarrar en obras e máis obras co obxectivo de beneficiar a vai saber quen namentres a xente pasa a angustia de non saber como vai facer para sobrevivir un día máis.

Por todos estes motivos convocamos unha concentración o XOVES 20 de NOVEMBRO ás 20h xunto á casa de Isabel e Álvaro (ó carón da pasarela peatonal que pasa sobre a Avda. Alfonso Molina, á altura da gasolineira), para amosar o noso rexeitamento ante a política corrupta do goberno local do PP e, ó mesmo tempo, manifestar a nosa solidariedade e apoio á veciñanza de Elviña, que vive coa constante ameaza de desaloxo. 

Moitas grazas pola vosa atención

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.