1ª Festa Intercultural en Ferrol organizada pola Asamblea Sen Papeis
Sábado, 30 de Xuño de 2012
12:00 até 19:00
Traseira do Mercado de Caranza (Festa) e Local de Fuco Buxán (Mesa redonda)
A Asamblea Sen Papeis organiza unha xornada intercultural en torno á inmigración e convídavos a participar.
Esta xornada terá dos partes diferenciadas.
A primeira parte será un espazo onde persoas compartirán os seus puntos de vistas en torno á inmigración e a segunda parte será máis lúdico-festiva e de convivencia.
Farase un xantar comunitario (de balde) e concertos de persoas solidarias e comprometidas.
Cronograma:
30 de Xuño
12:00 a 14.00 horas:
Mesa redonda no local da Asociación Fuco Buxán na Rúa Armada Española nº32, Baixo. FERROL
Participan:
- Dúas testemuñas onde se conta a vivencia persoal dende que decidan emigrar do seu país, cara a un mundo desconoñecido para mellora-las súas condicións de vida, ate que chegan ao "Edén imaxinario".
-
Laura Bugallo. Recoñecida activista en Inmigración.
-
Carlos Varela. Asociación Lazos Pro Solidariedade.
-
María Teresa Bustamante (Abogada).
De 14.30 a 16.00 horas:
Xantar comunitario (de balde).
O xantar é organizado e autoxestionado pola Asamblea Sen Papeis
De 16.00 a 19.00 horas:
Concerto no que actúan: Manolo Bacallao, Luis Culshaw, Bitxo Bola e outr@s artistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.