NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

lunes, 23 de julio de 2012

UNIDADE FRENTE OS RECORTES

HAZ CLICK SOBRE EL CARTEL PARA COPIARLO O IMPRIMIRLO :
Unidade frente os recortes sociais e polos direitos políticos 
A Marcha Mineira que chegou o pasado 11 de maio á capital do Estado foi seguida por masivas mobilizacións e manifestacións rexeitando os recortes que o goberno, co respaldo da monarquía, aprobara o 13 X. Umhas políticas feitas á medida dos intereses da gran banca e dos grandes empresarios, dictada desde Bruxelas pola Troika, e que estan a impor na Union Europea. 


O pacote de medidas supoen o empobrecimento da poboación traballadora europea en xeral, e nomeadamente das zonas periféricas da UE. Temos chegado a um punto no que todo aumento dos beneficios empresariais ou bancarios só podem vir dun aumento da pobreza social e da explotación da clase traballadora. 


Neste cadro, o capital español precisa de se centralizar para negociar con mais forza as migallas que lle poden cair da mesa da Union Europea; por iso a recentralización do Estado Español, reforzando as Diputacións frente as CC AA e concellos, Isto deixa a umha nación periférica como Galiza, nun estado en camiño dumha intervención política directa polos estados centrais da Union Europea, con umha saída, aumentar a sua dependencia económica, social e política. 


E nada bo pode esperar ao pobo galego destas medidas e a “re”centralizacion. Se a suba do IVE é un atraco, qué consecuencias pode ter para os de umha das zonas coas pensions mais baixas. Que consecuencias pode ter na Galiza, para o seu pobo traballador, umha suba do IVE cando o transporte colectivo non existe, e vese na obriga de utilizar o automobil particular para ir o traballo? Que consecuencias pode ter a privatizacion dos servizos ferroviarios, numha zona onde os servizos de proximidades non existen?. Que consecuencias poden ter os recortes nos servizos públicos e sociais, numha poboacion xeograficamente dispersa como a galega? 


O pobo traballador galego sufre como o resto do Estado as medidas do goberno do PP, mas polas suas condicións concretas de nacion oprimida, algumhas delas afectan dun xeito distinto. Por iso, a “re”centralización do estado engade mais sufrimentos á poboación, que despois dumha paréntesis histórica, volve a perder poboación: no ultimo ano o censo da Galiza retrocedeu en 11 mil persoas. A Xunta do PP, coa sua política servil frente o Estado Español e a Unión Europea, apresentandonse como alumno de Rajoy nos recortes, e avalando todas as súas “ocorrencias”, é o “palanganero” desta política de desmantelamento industrial e social da Galiza. 


O capital galego, mais aló das multinacionais como Inditex, Pescanova, Calvo, etc., que teñen outros intereses fora das nosas fronteiras, non ten outro proxecto que o de negociar cos que mendigan en Europa, os capitalistas españois. Botar fora á Xunta do PP é o mínimo para evitar o deserto industrial no que estan a converter á Galiza. Mas a fondura da crise actual desbota calquer saída da crise illada do conxunto, nun mundo que camiña cara o desastre social, político e económico polo maior despilfarro da historia: o resgate da Banca e grandes empresas en todo o mundo costou 11 billons de euros (o 21% do PIB mundial), do que o Estado Español, e na Galiza, puxeron a sua parte correspondente (1.5 billons). 


Roubaron todo o que quixeron e agora pagamolo todos/as. Galiza, o seu pobo traballador ten direito á autodeterminación, a decider o seu futuro, o control das suas riquezas e como quere relacionar co resto dos pobos. Mas os ataques que veñen da Xunta e do goberno español, son dictados pola Troika, Bruxelas e BCE, por elo, a defensa dos direitos do pobo traballador pasan pola unidade na loita cos traballadores/as e o pobo grego, italiano, portugués, frances, aleman... mas tamén coa clase traballadora española, que como, os mineiros, puxeron ao goberno de Rajoy contra as cordas. 


Todo isto concretizase na loita por derrubar os gobernos do PP, contra a Union Europea e a Troika, pola resconquista dos direitos laborais expropiados, polo non pago da debeda e a nacionalizacion da banca baixo control obreiro e social, por umha política fiscal progresiva... Por umha saída obreira e popular á crise; do que o direito á autodeterminacion da Galiza é um dos seus puntos centrais. Para avanzar neste camiño é preciso e urxente avanzar na convocatoria e realizacion dun amplo Encontro Democrático aberto a todos/as aqueles que teñamos no noso obxetivo que a crise social a pague o capital, onde se levanten propostas de mobilizacion sostida no tempo, que inclúa umha folga xeral, contra esas politicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.