TRAS A MARCHA MINEIRA, É NECESÁRIA OUTRA FOLGA XERAL XA!
A xornada do 11 de xullo concentrou en Madrid dous feitos fundamentais que marcan a lume a situación política e colócannos nunha nova conxuntura. O primeiro é a Marcha Negra mineira, que culminaba, cun apoio social impresionante, en manifestacións multitudinarias que gritaban “Madrid obreiro apoia aos mineiros” e enfrontáronse a unha dura represión policial.
O outro feito era o discurso de Rajoy, o lacaio da Merkel, da UE e do FMI, anunciando no Congreso dos Deputados un novo e brutal plan de axuste (65.000 millóns de euros en dous anos), fixado pola UE a cambio de salvar á banca española (ou mellor dito, de salvar aos seus acredores, os bancos alemáns, franceses e outros).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.