HAZ CLICK EN EL CARTEL PARA VERLO MEJOR, COPIARLO O IMPRIMIRLO :
Desde hai anos en distintas cidades do mundo -Londres, Nova York, A Habana, Barcelona, Madrid, México, etc- veñen existindo hortas urbanas, moitas delas de propiedade municipal, cada vez máis consolidadas no ámbito cidadán, polos seus éxitos participativos, ambientais, educativos, produtivos e económicos.
Tamén as cidades próximas de Santiago de Compostela -barrios de San Pedro e de Conxo- e de Lugo -Río Rato- manteñen as súas hortas urbanas municipais desde hai tempo cun grande seguimento popular. A cidade da Coruña aínda carece destes actualísimos espazos de relación social, naturais e produtivos. A zona proposta neste proxecto de “Hortas Urbanas da Agra” é idónea para a agricultura, ten unha elevada densidade de poboación circundante e é relativamente céntrica na cidade da Coruña. (LEER MÁS)Vecinos del Agra del Orzán piden al Ayuntamiento de A Coruña que financie las huertas urbanas
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.