NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

miércoles, 6 de marzo de 2013

AUDITORIA CIDADÁ DA DEBEDA

PLATAFORMA POLA AUDITORÍA CIDADÁ DA DÉBEDA GRUPO GALEGO 

Estes próximos días celébrase un novo cumio europeo. Cumio que coma sempre centrará todos os seus esforzos no que chaman “recuperar a confianza dos mercados”. Mercados e institucións causantes desta situación de extremas dificultades que estamos a vivir. 


Hoxe estase a gobernar a través da débeda pública. Unha débeda pública que ten unha das súas orixes na propia Unión Europea, que desde a firma do Tratado de Maastricht, obriga ós Estados a se financiar a través dos bancos privados, coa usura que iso supón. Unha Europa que da continuos pasos afastándose cada vez máis da democracia e a soberanía dos pobos, con novos e escuros Tratados coma o MEDE (Mecanismo de Estabilidade Financieira). 


A débeda pública que nos atribúen era anteriormente débeda privada na súa maioría, fundamentalmente da banca e as grandes empresas, pero foise facendo unha socialización de perdas que a converteu en pública, co rescate á propia banca como máximo expoñente. 


Así estamos hoxe en día coa soga no pescozo, cunha débeda que ten prioridade absoluta para o seu pagamento, gracias á Reforma Constitucional firmada polo PP e o PSOE, e alientada pola Troika. 


É ese pago da débeda o que ocasiona tódolos recortes que estamos a sufrir, e que se utiliza de excusa para forzar as privatizacións progresivamente, para continuar ese trasvase de riqueza dende a poboación ó poder financieiro. A débeda está entón na raíz de tódalas agresións que hoxe sufre o pobo. 


Esta débeda ten base legal para poder considerarse a lo menos en parte ilexítima, e polo tanto rexeitarse o seu pagamento. Por iso é polo que están xurdindo en gran parte de Europa, e noutros países, colectivos que pretenden impulsar dende a propia cidadanía unha auditoría, para determinar a parte da débeda que é ilexítima e así poder rexeitala. E isto acompañado dunha depuración de responsabilidades, e dun empoderamento da poboación que modifique as estruturas de fondo da sociedade que foron as que nos trouxeron ata aquí. 


Chamamos a toda persoa individual, e a tódolos colectivos en loita, a participar neste proceso de auditoría que busca a plataforma.



NON DEBEMOS, NON PAGAMOS

CONTRA A EUROPA DOS MERCADOS


 Blog: http://auditoriaciudadana.net 
 Twitter: @auditoriaGZ 
 E-mail: auditoriagaliza@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.