Despois de anos de rexeitamento social das políticas de recortes e axustes dos sucesivos gobernos do PSOE e do PP, as mobilizacións non deixan de aumentar. As loitas de todos os sectores da clase traballadora contra as privatizacións na saúde, a educación e os servizos sociais, dos funcionarios contra os recortes, dos afectados polos EREs e os despedimentos masivos (Iberia, Fabrica de Armas, Altsom, etc.) ou por carga de traballo no naval, xuntanse ás loitas populares contra as estafas dos bancos ou as hipotecas.
A corrupción -tapada ate o de agora- fixose evidente nestas condicións, e nos últimos tempos a crise instalada nos partidos da “alternancia”, o chamado PPSOE, pasou ás institucións fundamentais do rexime, as que garanten en ultima instancia a estabilidade política, a xudicatura, a exixencia dos catalanes do direito a decidir e a monarquía, da que non saben como evitar o seu descredito total. A lexitimidade da monarquía, suposta garante da estabilidade e da mellora das condicións sociais, esta indo polo desague.

A poboación traballadora comproba nos feitos que a monarquía é umha institución prescindible, nuns tempos no que a orde do día esta marcado polas privatizacións nos servizos, a reforma laboral e o pagamento da débeda. Tanto o PP como o PSOE, cada quen á sua maneira, queren evitar que as mobilizacións choquen frontalmente co Rexime do 78, o PP enrocandose na defensa a ultranza da Constitución -salvo cando o impón a UE e os banqueiros a súa reforma expres-, o PSOE con propostas que non mudan o problema, so lavan a cara, como a “abdicación” ou a “reforma constitucional nun sentido federal”.
A principal forza da esquerda estatal, EU, segue na rotina dos marcos do rexime e a alternancia; por iso, limitase a pedir a “rexeneración democrática”, a renuncia de Rajoy e a convocatoria de eleccións anticipadas. A unica formación política que no recente debate do Estado da “nacion” defendeu a apertura dun proceso constituínte foi UdyP, Rosa Diez. É obvio que non esta a procura de saídas sociais á crise ou a defensa dos direitos das nacións oprimidas, senon que a sua idea é a de “muda-lo todo para non mudar nada”, para que os planes da UE e a Troika saían adiante lexitimados por un novo marco constitucional.
O nivel das mobilizacións obreiras e populares, que aumentan cada dia en cantidade e intensidade, pon á orde do día a necesidade avanzar con obxectivos ben claros, a derrogación dos recortes, privatizacións e contrarreformas laborais, non pagamento da débeda, e forzando a dimisión dos gobernos, rompendo con esta Unión Europea e coa Troika, derrubando á monarquía. Se os traballadores/as e o pobo queren defender e garantir as conquistas que estan sendo desmontadas, é preciso enfrentar as políticas negociadoras e pactistas das cúpulas sindicais actuais, que so redundan en derrotas e despedimentos, como fixeron en NCG, ameazan na Fabrica de Armas, etc., negandose a levantar as unicas propostas que poden evita-lo, nacionalización e planes industrias sobre contratos de relevo, reducción de xornadas sen reducción de salarios, etc.
E as medidas de loita que ele conleva, ate gañar (ocupación de centros de traballo, folgas e loitas coordinadas, etc.), porque remataron os tempos das “simples” protestas. Nas condicións actuais, esto supon loitar polo cambio do rexime político a través dumha Folga Xeral Política estatal que abra as portas a un proceso constituínte, apoiado nas organizacións obreiras e populares que hoxe loitan contra as políticas dos gobernos e a UE. Neste sentido fican cortas as propostas que se fan desde forzas da esquerda soberanista.

A crise e a o corrupción non se frean coa soberanía nacional, mas tamen coa renovación da base á cima da sociedade, a través da convocatoria dunha Asemblea Constituínte que garanta umha saída obreira e popular á crise, o que inclúe como un dos seus puntos fundamentais o exercicio do direito á autodeterminación da Galiza, cara á transformación socialista da sociedade.
So podemos confiar na mobilización social, na unificación e coordinación consciente das loitas a nivel nacional, estatal e europea, como comezou a acontecer no 14N ou máis recentemente coas mobilizacións do 23F en todo o Estado e avanzar cara unha nova convocatoria europea o 10 de Marzo, para respostar o Cumio da UE no 13-15 de marzo, cara a reforzar a unidade da clase traballadora europea frente os ataques do capital e os seus gobernos.
Corrente Vermella chama á manifestación por un Proceso Constituínte e a Ruptura Democrática convocada por diversas forzas soberanistas , o vindeiro domingo 3, ás 12 h na Alameda de Compostela.
www.corrienteroja.net; correntevermelha@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.