reCiclos é un taller para axustar e arranxar bicicletas.
Non comercial, porque non mercamos nin vendemos bicis nin material, non cobramos polo traballo e non axudamos a reparar bicis para que se vendan senón para que se usen. Autoxestionado, porque o organizamos nós directamente, falando as cousas mentres traballamos no taller e na asamblea aberta que facemos unha vez ó mes.
Non dependemos de institución ningunha nin somos un negocio nin unha ong. Ninguén cobra por traballar no taller nin recibimos subvencións. As ferramentas e o material proceden da reciclaxe e doazóns, e temos un bote para repoñer o que se vai usando, como graxa, aceite e talco, e máis para axudar co aluguer do local. (LEER TODO)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.