NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

miércoles, 21 de agosto de 2013

MASACRE EN EXIPTO

Os militares non atacan só á reaccionaria Irmandade Musulmá, senón a todo o pobo
Declaración da LITci 
O pobo exipcio vén protagonizando unha poderosa revolución desde 2011. A forza da mobilización popular, nun primeiro momento, derrocou ao ditador Mubarak. Este feito, aínda que non destruíu o réxime militar, significou unha gran vitoria do pobo e un duro golpe á cúpula das Forzas Armadas, pois caeu un goberno seu. Pero tamén foi un golpe para a Irmandade Musulmá, que ao momento de estalar as mobilizacións de masas tiña un acordo co propio Mubarak para que o seu fillo, Gamal, sucedése-o no poder e así manter a continuidade do réxime, no cal a Irmandade sería a "oposición tolerada".

Cando a caída de Mubarak, os militares conseguiron manobrar e evitar aparecer co seu verdadeiro rostro contrarrevolucionario, pois, en lugar de reprimir ás masas, recolocáronse a último momento e esixíronlle a renuncia a Mubarak (co criterio de cambiar un fusible queimado) e, desta forma, puideron saír da crise con importante prestixio entre o pobo. Á súa vez, a Irmandade fixo un movemento similar. No marco dun crecemento colosal da mobilización popular, continuar os acordos con Mubarak pasou a ter pouco sentido e sumáronse (tamén a último minuto e de forma hipócrita) ás mobilizacións. 

Isto tamén lles deu prestixio ante un sector das masas, o cal capitalizaron despois gañando as eleccións e asumindo o goberno, iso si, co beneplácito e despois de pactar coas FFAA a preservación do réxime militar. Nun segundo momento da revolución, realizada a experiencia co desastroso goberno neoliberal e bonapartista-teocrático da Irmandade, as masas mobilizáronse e derrocaron a Morsi, a quen mesmo chamaban “o novo Mubarak” ou “o novo Faraón”. Só que Morsi, a diferenza de Mubarak, negouse a renunciar e isto levou aos militares, obrigados pola mobilización das masas, a realizar un golpe para sacalo do poder.

A pesar desta contradición, a caída de Morsi configúrase como outra gran conquista das masas e un novo golpe ao réxime, que perdeu ao seu segundo goberno en dous anos e medio a partir da mobilización popular. A partir de alí, a Irmandade Musulmá saíu ás rúas a enfrontar ás masas, que coa súa acción revolucionaria derrocaran a Morsi, e ao Exército coa intención de reinstalar a Morsi no goberno. Esta mobilización da Irmandade, como explicamos noutras declaracións, ten un carácter completamente contrarrevolucionario.

O Exército, apoiándose no gran prestixio que gañou na poboación por derrocar a Morsi e no odio desta cara á Irmandade Musulmá, comezou a desatar unha represión desenfreada e completamente desproporcional contra os militantes da Irmandade. En seis semanas, en diferentes momentos e circunstancia, matou a polo menos 300 activistas da Irmandade e agora culminou, no despexe dos campamentos desa organización no Cairo, coa morte 638 persoas, segundo o propio goberno interino. A Irmandade Musulmá eleva a cifra de falecidos a 4.500 e a de feridos a 10.000.

Aparentemente, os únicos destinatarios desta furia represiva das FFAA exipcias serían os partidarios de Irmandade Musulmá e de Morsi. Pero, quen pense así, equivócase. Se a represión fose soamente contra a Irmandade Musulmá, non sería necesario un baño de sangue como o que perpetrou o Exército. Bastaría con arrestos masivos ou, como mínimo de toda a súa cúpula. Tampouco sería necesario declarar un estado de emerxencia (de sitio) nin un toque de queda, pois sería suficiente ilegalizar á Irmandade.

O estado de sitio e o toque de queda, así como a restitución do sinistro Departamento de Investigación de Subversión Política do ministerio do Interior, o decreto que autoriza aos militares a deter civís ou a persecución aos sirios e o peche “por tempo indefinido” da fronteira con Gaza, son a demostración de que a represión non está restricta á Irmandade senón que afecta a todo o movemento de masas.

Porque o estado de sitio, por exemplo, afecta a todos aqueles que queiran mobilizarse, inclusive contra a Irmandade. Isto vese, tamén, na represión á recente folga dos obreiros en Suez. O Exército, entón, tenta valerse do prestixio gañado por dar o golpe de graza contra a reaccionaria Irmandade, para pasar unha mensaxe ao conxunto da poboación: isto é o que vos espera se cuestionan a autoridade das Forzas Armadas. É dicir, a partir de que conseguiu usurpar o triunfo das masas, usa a represión á Irmandade (que non é mal vista pola maioría das masas), para avanzar nun plan contrarrevolucionario que é recuperar o terreo perdido en canto ás conquistas democráticas que o pobo obtivo en todo este tempo que vai desde a caída de Mubarak.

Pola súa banda a Irmandade Musulmá tamén utiliza a represión para ir en contra do movemento de masas. En primeiro lugar usa aos seus seguidores como carne de canón, pois non se teñen noticias dalgún dirixente importante que morra ou sufra a brutal represión militar-policial. En segundo lugar porque, a partir da súa loita contrarrevolucionaria para que Morsi volva ao poder, orienta as súas forzas contra minorías como os cristiáns coptos. Nestes días, coas súas bandas fascistoides, atacaron e incendiaron varias igrexas cristiás, co cal demostran, unha vez máis, o carácter reaccionario teocrático-confesional do seu proxecto político.

Ante este enfrontamento, nin o Exército nin a Irmandade merecen a máis mínima confianza e apoio. Ambos son dúas caras da mesma estratexia: derrotar á revolución. Ambos son sectores contrarrevolucionarios, que orientan as súas forzas contra o movemento de masas e sosteñen un réxime militar que impera desde 1952.

A revolución xa foi derrotada?
Ante o golpe militar e as matanzas que o Exército executa, moitos activistas e militantes de esquerda, dentro e fóra de Exipto, pregúntanse xustificadamente se a revolución xa non foi derrotada. Desde a LIT-CI non vemos, no proceso actual, unha derrota da revolución. Ao contrario, estamos a presenciar unha tremenda revolución, sen dúbidas a máis poderosa que a historia de Exipto coñeceu. Agora, dentro desta colosal revolución, como en toda revolución, actúa a contrarrevolución. Neste sentido, tanto o intento da Irmandade para retomar o goberno, como os masacres e as medidas bonapartistas dos militares son intentos para derrotar á revolución.

Se estes intentos contrarrevolucionarios, aínda na súa fase inicial, serán vitoriosos ou non, dependerá da loita de clases. Serán as masas exipcias, coa súa mobilización, as que dirán a última palabra. Será ese pobo que derrocou a Mubarak e a Morsi o que dirá se dará ou non un “cheque en branco” aos militares, se admitirán ou non que as FFAA vaian retomando o terreo perdido e arrincando as conquistas democráticas que as masas conquistaron até agora. Será o pobo exipcio o que, cando este novo goberno controlado polos militares non consiga responder as demandas económicas perentorias, o que decida se o enfronta ou non.

Por agora, non existen motivos para pensar que o pobo quedará cruzado de brazos. Poderá ser derrotado, como ocorreu innumerables veces na historia, pero dificilmente isto ocorrerá sen loita. As masas exipcias non foron derrotadas nin moito menos. Senten vitoriosas e o Exército, a Irmandade e o conxunto da burguesía e o imperialismo están conscientes diso. Saben que, para volver ao momento de antes da caída de Mubarak, deberán inflixir unha dura derrota ao pobo exipcio. E isto aínda está por verse.

Abaixo o plan contrarrevolucionario do Exército e a Irmandade! 
En Exipto, a tarefa central e inmediata é enfrontar as medidas do novo goberno. Neste marco, é necesario levantar as palabras de orde de,
Ningunha confianza ao novo goberno monicreque dos militares e o imperialismo!;
Fin inmediato do estado de sitio e ao toque de queda!;
Non aos plenos poderes do goberno e á autorización para que os militares arresten e xulguen civís!;
Plenas liberdades democráticas, de expresión e organización!; 
Abaixo o réxime militar represivo e servil do imperialismo e Israel!;
Castigo a todos os crimes dos militares, de Mubarak e de Morsi! 
Eleccións inmediatas para a Asemblea Constituínte libre e Soberana, sen participación de militares nin da Irmandade!

Ao mesmo tempo en que condenamos a matanza do Exército e todas as medidas bonapartistas que toman valéndose do prestixio gañado por destituír a Morsi, é necesario dicir que con claridade: 
Non á volta de Morsi!
Non ás mobilizacións contrarrevolucionarias e confesionais da Irmandade!
Ningún dereito democrático nin de expresión para a Irmandade e os seus líderes políticos mentres se mobilicen polo retorno de Morsi!
Completo respecto e liberdade relixiosa para o pobo!

Para avanzar nestas tarefas que o proceso revolucionario expón, é fundamental seguir coas mobilizacións de masas, coa ocupación de prazas, coas folgas, coa reorganización do movemento obreiro, coa loita en xeral. Pero esta loita debe ser completamente independente tanto do Exército e o seu novo goberno como da Irmandade Musulmá; debe ser unha loita contra o goberno e contra o réxime militar de conxunto. E, á calor deste combate, móstrase cada vez máis urxente a necesidade de ir construíndo e forxando unha dirección socialista revolucionaria, internacionalista e obreira, que poida conducir toda a inmensa enerxía revolucionaria das masas cara á toma do poder da clase obreira e o pobo exipcios e a construción do socialismo a nivel nacional e internacional.
Abaixo o estado de sitio e todas as medidas antidemocráticas! 
Non á volta de Morsi e rexeitamento ás mobilizacións da Irmandade!
Ningunha confianza no novo goberno!
Abaixo o réxime militar e prol-imperialista!
Eleccións inmediatas para a Asemblea Constituínte libre e Soberana, sen participación de militares nin da Irmandade, que asuma o poder!

Secretariado Internacional da LIT-CI
São Paulo, 15 de agosto de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.