NOS HAN MACHACADO PISOTEADO MALDECIDO MALTRATADO Y DEFRAUDADO YA TANTO, POR TODO EL MUNDO, QUE EN VEZ DE INDIGNADOSESTAMOS MÁS BIEN RESIGNADOS Y CASI MORIBUNDOS, A VER SI DESPERTAMOS O RESUCITAMOS, Y NOS REBELAMOS DE UNA VEZ... No vivimos una sociedad de bienestar, vivimos una sociedad de precariedad, en la que se van perdiendo nuestros derechos. Somos gente como tu, sinideologias definidas. Preocupados e indignados por el panorama politico, economico y social. Por la corrupción de póliticos y empresarios.Por la indefensión de los ciudadanos de a pié. Todos unidos, podemos cambiar esta situación. ¡¡¡TOMA LA CALLE¡¡¡ Es tu derecho.

viernes, 2 de agosto de 2013

POR UN TREN PÚBLICO Y SEGURO

COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO TREN A CORUÑA E AS MARIÑAS “POR UN FERROCARRIL PÚBLICO E SEGURO” 
En primeiro lugar, a Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas quere expresar as súas condolencias ás familias, amizades e persoas achegadas das vítimas do terrible accidente de Santiago de Compostela. As vítimas teñen todo o noso respecto, solidariedade e apoio, e todas as organizacións que formamos parte desta plataforma queremos enviarlles un fraternal e sentido abrazo nuns momentos que sabemos que son de extrema tristura. Estamos con todas as persoas afectadas.


Ademáis queremos destacar que o maquinista do tren tamén é unha vítima do accidente, e que nos repugna o linchamento mediático ao que está a ser sometido. E por suposto, queremos facer unha mención especial á veciñanza de Angrois polo seu comportamento solidario coas vítimas do accidente, e tamén aos empregados públicos e profesionais que participaron nas labouras de rescate.

Esiximos que se realice unha investigación seria, que sexa independente do Ministerio de Fomento, para aclarar todas as circunstancias que rodean ao accidente para que non se volva repetir un feito tan tráxico e lamentable como este. Queremos que as familias das vítimas sexan informadas en todo momento do desenvolvemento da investigación e que, unha vez concluída esta, sexan dirimidas todas as responsabilidades sen ningún tipo de presión por parte de RENFE, ADIF ou de calquera forza política.


Responsabilidade civil, penal e política. Esiximos que se saiba a verdade, sexa cal sexa. Consideramos que a seguridade en calquera medio de transporte público en xeral, e do ferrocarril en particular, ten que ser algo prioritario por enriba de calquera outro interese. Cremos que un sistema seguro non pode asumir riscos inaceptables, como que un erro humano provoque unha traxedia tan terrible como a de Santiago, sabendo que hai medios técnicos para evitala e que non se utilizaron. Se un erro humano pode provocar unha traxedia semellante, é que algo non se fixo ben.

Esta plataforma, dende o seu nacemento, vén denunciando que os recortes no ferrocarril afectan á seguridade, tal e como recolle noso manifesto, polo tanto opoñémonos rotundamente aos recortes que se están a producir dende hai tempo no ferrocarril. Estamos a constatar que é unha evidenza a total inadecuación do sistema de camiños de ferro de Galiza para un país coas necesidades de transporte coma o noso. Esiximos que se asuman as responsabilidades políticas que se deriven do accidente.

Se se decidiu non instalar os sistemas de seguridade nunha curva na que hai que reducir a velocidade de 200 km/h a 80 km/h, queremos que os responsables desa decisión, que en última instancia depende de cargos políticos, dean a cara e expliquen á cidadanía por qué a tomaron e asuman as súas responsabilidades, igual que as está a asumir xa o maquinista do tren accidentado. Cando se toma unha decisión dese calibre hai que asumir a responsabilidade de tela tomado. Por respecto ás vítimas e ao resto de cidadáns.

Estamos totalmente en contra do proceso de privatización que se iniciou tanto en RENFE coma en ADIF. A privatización traerá como consecuencia que a prioridade en todo o sistema ferroviario sexa o beneficio económico das empresas que pasen a xestionar o ferrocarril, deixando todo o demáis como algo secundario. O ferrocarril debe continuar como servizo público e social no que se persiga o beneficio de toda a sociedade e non de intereses particulares. A privatización afectará negativamente á seguridade, e iso é algo que non podemos nin debemos consentir

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios que contengan insultos o falten al respeto debido a cualquier persona o institución, no serán publicados.